Atlántida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Teorías: pirámide (construción)
m →‎Teorías: Micenas
Liña 27:
Algúns estudosos dos escritos de Platón consideran que o continente de Atlántida sería na realidade a propia América, e o seu pobo culturalmente avanzado e cubertos de riquezas sería ou o pobo [[Chavín]], da [[Cordilleira dos Andes]], ou os [[Olmeca]]s da [[América Central]], cuxo uso de ouro e pedras preciosas é confirmado polos [[arqueoloxía|rexistros arqueolóxicos]]. Terremotos, comúns nestas rexións, poderían ter dado fin a estas culturas, ou polo menos poderían telas abalado de forma violenta por un período de tempo.
 
Para algúns arqueólogos e historiadores, Atlántida podería ser unha mitificación da cultura [[Minoico|Minoica]], que floreceu na illa de [[illa de Creta|Creta]] ata o final do [[Século -XVI|século XVI a.C.]]. Os antecesores dos gregos, os [[MicénicoMicenas|micénicos]], tiveran, no inicio do seu desenvolvemento na [[Balcáns|Península Balcánica]], contacto con esa civilización, culturalmente e tecnoloxicamente moi avanzada. Cos minoicos, os micénicos aprenderon [[arquitectura]], navegación e o cultivo de [[oliveira]]s, elementos vitais da cultura helénica posterior. Porén, dous fortes terremotos e maremotos no [[Mar Exeo]] destruíron as cidades e os portos minoicos, e a civilización de Creta rapidamente desapareceu. É posible que as historias sobre este pobo teñan gañado proporcións míticas ao longo dos séculos, culminando co relato de Platón.
 
== Véxase tamén ==