Tales de Mileto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
Liña 48:
No seu libro – '''Da Alma''', Aristóteles escribe: “E afirman alguns que ela (a alma) está mesturada co todo. É por iso que, talvez, Tales pensou que todas as cousas están cheas de deuses. Parece tamén que Tales, polo que se conta, supuxo que a alma é algo que se move, se é que dixo que a pedra (imán) ten alma, porque move o ferro”.
 
Ese esforzo investigador de Tales no sentido de descobrir unha unidade, que seria a causa de todas as cousas, representa unha mudanza de comportamento na actitude do home perante o [[Universo|cosmos]], pois abandona as explicacións relixiosas ata entón vixentes e busca, a través da razón e da observación, un novo sentido para o universo.
 
Cando Tales dixo que todas as cousas están cheas de deuses, ou que o magnetismo se debe á existencia de “almas” dentro de certos minerais, el non estaba invocando as palabras ''deus'' e ''alma'', no sentido relixioso como as coñecemos actualmente, mais si adviñando intuitivamente a presenza de fenómenos naturais inherentes á propia materia.