Pobo copto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Etimoloxía: pirámide (construción)
m →‎Etimoloxía: lingua acadia
Liña 4:
 
== Etimoloxía ==
O termo grego para '''copto''' (Αίγύπτιος, Aigyptios) atópase en [[Lineal B]] ([[grego micénico|micénico]], unha forma antiga do grego) como ''a3-ku-pi-ti-jo'', como nome propio masculino xa co sentido de "exipcio". Esta forma micénica provén do [[lingua exipcia|exipcio]] ''ḥwt-k3-ptḥ'' ("Hut-ka-Ptah"), que significa "Casa (ou "Mansión") de [[Ptah]]" (cf. [[lingua acadia|acadio]] ''āluḫi-ku-up-ta-aḫ''), e era o nome do complexo de templos dedicados ao deus Ptah en [[Menfis, Exipto|Menfis]]. Sendo o nome do recinto de templos máis importante da capital de Exipto, o nome aplicouse primeiro á cidade e posteriormente a todo o país (situación parella á do nome de Menfis, que provén do nome exipcio do complexo de [[pirámide (construción)|pirámide]]s do [[faraón]] [[Pepi II]]).
 
Xa non se acepta unha teoría segundo a cal a palabra [[lingua árabe|árabe]] ''qubṭ'' resultaba dunha arabización do nome grego da cidade de Κόπτος, Coptos (actual قفط, Qifṭ; Kebt e Keft en [[lingua copta|copta]]).