Diferenzas entre revisións de «Hesíodo»

m
sen resumo de edición
m (r2.7.1) (Bot: Engado: haw:Hesioda)
m
 
== Biografía ==
Naceu en [[Ascra]], preto de [[Tebas, Grecia|Tebas]] sobre a segunda metade do [[século -VIII]] ou a primeira do [[século -VII]] Foi labrego e fillo dun comerciante. A tradición sitúao como contemporáneo de [[Homero]] e mesmo rival seu en certames poéticos.
A tradición sitúao como contemporáneo de [[Homero]] e mesmo rival seu en certames poéticos.
 
Adoita considerarse o máis antigo dos poetas helenos despois de Homero e, durante boa parte do [[século XIX]], a crítica chegou a dubidar da súa auténtica existencia, aínda que esta parece fóra de toda dúbida na actualidade. A familia de Hesíodo estableceu a súa residencia en [[Beocia]], procedente de [[Cumas|Cime]] de [[Eolia]], lugar de orixe do seu pai. Pouco se sabe da súa vida; parece que foi fundamental nela a inimizade co seu irmán Perses por mor da herdanza paterna, e este tema abordou na súa obra ''[[Traballos e días]]''. Morto o seu pai, Hesíodo estableceuse en [[Naupacto]], onde pasou a súa mocidade ao coidado dun rabaño de ovellas e levando a vida plácida e sinxela dos campesiños gregos.
As súas obras, como as de Homero, foron obxecto xa desde o [[século -VI]] de estudo e veneración.
 
É o grangrande e primeiro compilador da relixión antiga grega. Puxo por escrito e ordenou todo o corpo mitolóxico transmitido ata entón de forma oral. Na súa obra baseáronse os mitógrafos posteriores clásicos, grazas ao cal chegou en gran parte ata os nosos días. A súa obra principal é a [[Teogonía]], na que relata a xenealoxía dos deuses da [[mitoloxía grega]]. Exerceu gran influencia na cultura europea, á que transmitiu elementos como o do [[mito das idades]], entre outros.
 
Transmitíronse de forma completa: