O Ciprianillo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Os tesouros dos mouros: ¿de que ''mouros'' falamos?
→‎Outros ensalmos e feitizos: formato referencia; lig int
Liña 164:
Pero, como xa se dixo, as diferentes versións do ''Ciprianillo'' conteñen tamén numerosos ensalmos, receitas e feitizos para alcanzar os poderes máxicos máis diversos.
 
Conta Risco que mesmo os frades do [[Mosteiro de Samos]] recorreron ós poderes máxicos que proporcionaba o ''Ciprianillo''. Segundo unha lenda, foi o propio demo quen carrexaba polas noites toda a pedra que necesitaron para construír o mosteiro <ref>[http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=1806&n=o_demo_en_gatín "O demo en Gatín"], artigo de [[Antonio Reigosa]] na web ''Galicia encantada''.</ref>.
 
Segundo relata o libro, se un mozo quere gañar o amor dunha moza, debe ir cortar ás doce en punto da [[noite de San Xoán]] unha póla de [[acivro]] e logo levala ó mar a pasala baixo trece ondas mentres reza un credo de cada vez. Deste xeito, con este ''pau de aciviño'', conseguirá namorar a moza que desexe con só tocala co pau.