Río Obi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Calq (conversa | contribucións)
Liña 45:
Nun amplo val de 30 quilómetros, dominado por alturas de medianas na orela dereita, o curso de auga discorre lentamente dividíndose, pouco antes do Peregrebnoye, en dous brazos: o gran (Bolshaya) Obi á dereita, o pequeno (Malaya) Obi á esquerda. Cada un dos seus brazos recibe diversos afluentes, o Kunovat e o [[Kazym]] no primeiro; o Synya e o Sosva do Norte no segundo. Antes de chegar a [[Shuryshkary]], o río ten un leito de 19 quilómetros de amplo e 40 metros de profundidade. Tras a confluencia, máis alá de [[Salekhard]], co Poluy, o Obi divídese de novo en dous brazos, o Khamanelsk Obi (esquerda) e o Nadym Obi (dereita) para formar un delta. Este delta ábrese sobre o golfo do Obi (en ruso ''Obskaya Guba''), cualificado de estuario. A ambigüidade sobre este espazo e sobre o termo que debe empregarse para designalo conduce á súa exclusión, en todas as fontes, no cálculo da lonxitude do río. Con 800 quilómetros de longo e de 30 a 100 de amplo, posúe a súa propia zona de captación, cubrindo unha superficie de 105.000 km² antes do chegar ao [[mar de Kara]].
 
Sobre a costa oriental, ábrese un divertículo, o [[golfo deldo Taz]], desembocadura do río do mesmo nome, que drena o distrito autónomo de [[Iamalo-Nénets]] e posúe unha conca de 150.000 km² e unha lonxitude superior a 1.400 quilómetros.<ref>Mark B. Allen, Clare E. Davies, ''Unstable Asia: active deformation of Siberia revealed by drainage shifts'', Department of Earth Sciences, University of Durham, Durham, 2007.</ref>
 
O golfo (ou estuario) do Obi, pouco profundo (de 10 a 12 metros), divide as [[península]]s de Yamal e Gyda; o litoral oriental é moi escarpado mentres que o occidental é baixo e [[pantano]]so.<ref>Artigo ''Gulf of Ob'' da [[Encyclopaedia Britannica]].</ref>