Diferenzas entre revisións de «Torino FC»

m
r2.7.3) (Bot: Engado: ckb:یانەی تۆرینۆ; cambios estética
m (r2.7.2) (Bot: Engado: sk:Torino FC)
m (r2.7.3) (Bot: Engado: ckb:یانەی تۆرینۆ; cambios estética)
}}
O '''Torino Football Club''', comunmente chamado '''Torino''' ou simplemente '''Toro''', é un club [[Italia|italiano]] de [[fútbol]] da cidade [[Piemonte|piemontesa]] de [[Turín]], que durante a tempada 2011-12 está a competir na Serie B.
== Historia ==
Fundado en [[1906]] como ''Foot-ball Club Torino'', o club naceu como resultado da fusión de varios clubs mais antigos, algúns deles fundados en [[1887]], o cal convirte ó Torino no club de fútbol coa herdanza mais antiga de Italia.
 
 
Con 68 tempadas na [[Lega Calcio Serie A]], constituída como tal en [[1929]], o Torino FC ocupa a 7ª posición na táboa histórica da liga italiana segundo o número de puntos acadados; por detrás da [[Juventus FC]], do [[Inter de Milán|FC Internazionale]], do [[AC Milan]], do [[AS Roma]], do [[ACF Fiorentina]] e do [[SS Lazio]].
== Estadio ==
O Torino FC disputa os seus encontros como local no ''Stadio Olimpico'', mais coñecido como ''[[Stadio Comunale]]'', inaugurado en [[1933]] para acoller varios encontros do [[Mundial de Fútbol Italia 1934]]. O Torino FC e o [[Juventus FC]] compartiron este estadio durante décadas, ate a inauguración do [[Stadio delle Alpi]] en [[1990]], construído por mor do [[Mundial de Fútbol Italia 1990]], e ó cal marcharon os dous clubs turineses. Trala reconstrucción do estadio en [[2006]] para acoller as cerimonias de apertura e peche dos [[Xogos Olímpicos de Inverno]] dese ano, ámbolos dous clubs volveron ó seu antigo fogar. En [[2011]] o Juventus FC marchou ó seu [[Juventus Stadium|novo estadio]], e o Torino FC ficou como único residente do ''Comunale''. Actualmente o recinto conta cunha capacidade para 27.994 seareiros.
 
== Palmarés ==
[[Ficheiro:Stadio Olimpico Torino Italy.jpg|250px|thumb|right|[[Stadio Comunale]].]]
O palmarés do club é un dos mais salientables do fútbol italiano, con 7 títulos de [[Lega Calcio Serie A|liga]], 5 títulos de [[Coppa Italia|copa]] e 1 título da desaparecida [[Copa Mitropa]].
=== Títulos nacionais ===
* [[Ficheiro:Scudetto.svg|14px|Scudetto]] '''[[Lega Calcio Serie A|''Scudettos'']] (7)''' = 1927-28, 1942-43, 1945-46, 1946-47, 1947-48, 1948-49, 1975-76
** ''Subcampionatos'' (9) = 1907, 1914-15, 1928-29, 1938-39, 1941-42, 1971-72, 1976-77, 1977-78, 1984-85
* [[Ficheiro:Coccarda Coppa Italia.svg|14px|Coppa]] ''[[Coppa Italia]]'' '''(5)''' = 1935-36, 1942-43, 1967-68, 1970-71, 1992-93
** ''Subcampionatos'' (8) = 1937-38, 1962-63, 1963-64, 1969-70, 1979-80, 1980-81, 1981-82, 1987-88
=== Títulos internacionais ===
* [[Ficheiro:Coppa.svg|14px|Mitropa]] [[Copa Mitropa]] '''(1)''' = 1991
** ''Subcampión da [[Copa da UEFA]]'' = 1991-92
 
== Xogadores ==
[[Paolo Pulici]] é o xogador que mais goles anotou para o club (172 goles) e o segundo que mais encontros disputou defendendo as cores do Torino FC (437 encontros entre 1968 e 1982), só superado por [[Giorgio Ferrini]] (566 encontros entre 1959 e 1975). [[Valentino Mazzola]] (123 goles entre 1942 e 1949) era o capitán do ''Grande Torino''. [[Silvio Piola]], o máximo goleador histórico da [[Lega Calcio Serie A|liga italiana]] e da [[Selección de fútbol de Italia|selección italiana]], disputou unha tempada co Torino.
 
Outros grandes xogadores que vestiron a camisola ''granata'' do club foron [[Denis Law]], [[Cesare Maldini]], [[Álvaro Recoba]], [[Rafael Martín Vázquez|Martín Vázquez]], [[Enzo Scifo]], [[Hakan Şükür]], [[Enzo Francescoli]], [[Abedi Pele]], [[Luís Antônio Corrêa da Costa|Müller]] etc.
== Rivalidades ==
Os seareiros do Torino FC teñen unha boa relación cos seareiros da [[ACF Fiorentina]], e tamén cos do [[Club Atlético River Plate|CA River Plate]], [[Club Atlético Peñarol|CA Peñarol]], [[Liverpool FC]], [[Celtic FC|Celtic Glasgow]], [[Sport Club Corinthians Paulista|SC Corinthians]] e [[West Ham United FC]]. Por contra, o seu máximo rival histórico é o veciño [[Juventus FC]], aínda que tamén mantén unha forte rivalidade co [[UC Sampdoria]], [[AS Roma]], [[Atalanta Bergamasca Calcio|Atalanta BC]], [[Bologna Football Club 1909|Bologna FC]] e [[Hellas Verona]] entre outros.
 
Ate o ano [[2009]] o Torino FC e o [[Genoa Cricket and Football Club|Genoa CFC]] mantiñan unha histórica relación de fraternidade que se rachou cun encontro ligueiro que mandou ó Torino á Serie B trala vitoria do Genoa.
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
{{Commons|Category:Torino FC}}
* [[Accidente de Superga]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [[Ficheiro:Flag - Garnet with white bull.svg|45px|Torino FC]] [http://www.torinofc.it/ Páxina web oficial do Torino FC] {{it}}.
 
[[bs:Torino F.C.]]
[[ca:Torino Football Club]]
[[ckb:یانەی تۆرینۆ]]
[[cs:Torino FC]]
[[da:Torino F.C.]]
76.611

edicións