Conversa usuario:Lameiro/arquivo 5: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
permiso, mudando o nome dun modelo
Lameiro (conversa | contribucións)
arquivo vellas conversas
Liña 380:
* de [[Usuario:Lameiro/Categorías]] ''¿Cal é a diferenza entre? * Personalidades da ecoloxía * Personalidades do ecoloxismo'': a primeira é unha ciencia (Margalef, Cousteau), a segunda un movemento social (Cousteau, Félix Rz de la Fuente). É certo que se solapan moito, polo compromiso dos científicos, pero non teñen nada que ver. É como un botánico e un divulgador. Ou como un selvicultor ou forestal e un de parques.
[[Image:Flag of Western Sahara.png|20px]] [[Usuario:Sobreira|Sobreira]] [[Conversa usuario:Sobreira|(''parlez'')]] 00:05, 4 de outubro de 2011 (UTC)

== Re: O Grove ==

Xa o irei amañando. Porque tamén quero facer o artigo de Brea Gondar, no que despois te pedirei que botes unha man. Moitas grazas. --[[User:Xas|Xas]] ([[User Talk:Xas|conversa]]) 15:30, 9 de outubro de 2011 (UTC)

== Categoría:Acanthodii ==
Boas rapás!. Mira, que fixen a [[:Categoría:Acanthodii]] copiándoa da wiki en castelán pero despois dinme conta que aquí úsanse nomes algo diferentes..., cando teñas un momento..., ¿poderías revisar se o nome está ben?, é que eu ata aí xa non chego... Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 12:34, 10 de outubro de 2011 (UTC)
:Eu non quería nada cos tipos estes :), só quería crear a categoría dentro de Peixes para que estivera un pouco máis completa. Terei que traslada ó nome [[Acantodios]], ¿non?. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 00:15, 12 de outubro de 2011 (UTC)
::Tes razón que non se debe crear unha categoría valeira así que agora tócame meterlle algo... ;) É que cando vin que a categoría peixes non tiña as familias básicas non sei que me deu, pero foi unha tolada porque seguro que iso para en tódalas categorías de animais e plantas... Foi un cable que me fixo mal contacto... Vou trasladar a categoría e a tentar facerlle un artigo para que non estea soa, aínda que eses peixes paréceme son un pouco rariños de máis :). Saúdos e grazas pola información. Ah, e sobre o dos nomes teremos que falar outro día, ese tema téñoo apuntado nas cousas por facer :). Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 00:23, 13 de outubro de 2011 (UTC)

== Quenlla ==
Este artigo de [[Quenllas]] tamén chama por ti. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] ([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]]) 00:11, 18 de outubro de 2011 (UTC)

== A limpar! ==
Parabéns rapás! :). Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 11:19, 18 de outubro de 2011 (UTC)
:Parabéns polo teu nomeamento de administrador! Agardo que che vaia todo ben. --[[Usuario:Toliño|Toliño]][[Conversa usuario:Toliño| Fala aquí comigo ]] 13:33, 18 de outubro de 2011 (UTC)
:: Parabéns. :) --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] [[Conversa Usuario:Xabier Cid| Talk 2 me, please]] 13:52, 18 de outubro de 2011 (UTC)
* Permitídeme responder aquí a todos. Grazas pola confianza, coa vosa axuda non hai dúbida de que todo irá ben. Pero pídovos paciencia. Grazas a todos... todas. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] ([[User Talk:Lameiro|conversa]]) 18:07, 18 de outubro de 2011 (UTC)

==[[Marcelle Natureza]]==
Podes botarlle un ollo os nomes dos animaliños? A ver se están ben escritos en galego. Graciñas. --[[Usuario:HombreDHojalata|. '''''HombreDHojalata'''''.]][[Conversa usuario:HombreDHojalata|conversa]] 10:59, 23 de outubro de 2011 (UTC)

== RE: Zoolóxicos ==

Busca ti unha categoría que lle acaia mellor. O certo é que vin o artigo sen categoría e mirei en en.wp a que tiñan alí; a primeira era Zooloxía, entre outras. Pois iso, non teño problema ningún en que a modifiques. --[[Usuario:Toliño|Toliño]][[Conversa usuario:Toliño| Fala aquí comigo ]] 11:51, 23 de outubro de 2011 (UTC)

==Resumo de portada==
Pero ... faio ti, oh! que es o que controlas máis do tema :-) --[[Usuario:HombreDHojalata|. '''''HombreDHojalata'''''.]][[Conversa usuario:HombreDHojalata|conversa]] 20:38, 31 de outubro de 2011 (UTC)

==Aldehido e pontes de H==
Xa sabía que se di aldehido, pero había páxinas que tiñan o termo "aldeh'''í'''do", con acento, e en vermello, e para redireccionalas a "aldehido", sen acento (que foi a páxina que fixen eu), creei a páxina aldehído como unha redirección que remitía a aldehido. Ademáis, estaba xa creada por outro usuario a páxina "[[formaldehído|formaldeh'''í'''do]]", con acento (que non é correcto), e eu creei a páxina "[[formaldehido]]", sen acento, para que se me puxesen en azul os termos formaldehido que incluín eu na miña páxina de aldehido. Quizais o que debía facerse era cambiarlle o nome á páxina "formaldehído", polo de formaldehido. Agora igual quedan en vermello as palabras [[aldehído]] de diversas páxinas e só quedarán en azul as [[aldehido]]. Ou habería que corrixirlle a ortografía a todas. Pero xa me dixeron que non se pode redireccionar sobre erros.

Tamén fixen algúns cambios en pontes de H.[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] 11:42, 1 de novembro de 2011 (UTC)

== Refraneiro ==
Pedro, ''comes y rascar, todo es empezar'', en galego sería...? --[[Usuario:Atobar|Atobar]] ([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]]) 11:56, 1 de novembro de 2011 (UTC)
:Graciñas. Si que o teño (o dicionario de dicionarios) nos favoritos, igual que te teño a ti, que sempre tiras ases do manga cando un espera cartas do común. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] ([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]]) 15:35, 1 de novembro de 2011 (UTC)

== salazóns ==

Moitas grazas polo aviso; non sabía que era castelanismo; hei revisar. Saúde! --[[User:Estevoaei|Estevo(aei)]][[User_talk:Estevoaei|pa o que queiras...]] 15:42, 5 de novembro de 2011 (UTC)

== Carne vs vianda ==
Lameiro, poderías engadir unha nota ou un apéndice ou algo describindo a diferenza entre carne e vianda no artigo [[carne]]? Sucede que moitoas veces se hiperenxebriza o uso da segunda como se fosen sinónimos, e non o son. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] ([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]]) 18:07, 5 de novembro de 2011 (UTC)
:Por min está ben, pero a miña pregunta agora é: facemos redirección de [[vianda]] a [[carne]] ou que outra posibilidade habería? --[[Usuario:Atobar|Atobar]] ([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]]) 20:10, 5 de novembro de 2011 (UTC)
::Así sexa. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] ([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]]) 20:19, 5 de novembro de 2011 (UTC)

== Imaxe ==
Boas rapás, cando teñas un momentiño, ¿poderías revisar os textos desta [http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Phylogenetic_tree_gl.svg imaxe]?. Graciñas, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 11:05, 16 de novembro de 2011 (UTC)
:Mande???? :D. Vaia lío! E que teño que cambiar? :D. É que eu só traducín a versión en castelán, que está basada na versión en inglés, e xa sabes como é esta xente ás veces, ata teñen un país no que andan en coche ó revés! ;). Os cambios a facer pílloos ben, o que non sei que facer é coas dúbidas. As outras versións do ficheiro en francés, castelán, catalán, portugués, etc. teñen todas o T. celer e Thermotoga pero non teño nin idea de por que. O ficheiro orixinal é un gráfico da NASA, ¿terá iso algo que ver?, ¿será unha ''revisión'' para extraterrestres? ;). Eu ata aí non chego así que guíome polo que ti me contes.... Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 00:13, 17 de novembro de 2011 (UTC)

==Categoría errada==
Por favor, pódesme dicir como se pode cambiar o nome dunha categoría? Creei a [[:Categoría:Glicolípido|categoría '''Glicolípido''']], pero despois deime conta que era mellor que fose [[:Categoría:Glicolípidos|'''Glicolípidos''']], en plural, porque as categorías das substancias químicas están postas en plural, pero non atopei a maneira de cambiala. Xa debe haber media ducia de páxinas de glicolípidos (polo de agora) e é un grupo importante de lípidos que co tempo terá moitos máis artigos. Foi outro erro dos meus, pero supoño que ten remedio. Grazas. [[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] 17:42, 20 de novembro de 2011 (UTC)
:{{Feito}} e contestado por Lameiro. --[[Usuario:HombreDHojalata|. '''''HombreDHojalata'''''.]][[Conversa usuario:HombreDHojalata|conversa]] 08:24, 21 de novembro de 2011 (UTC)

==Resposta na conversa do Estatuto==
Sobre os meus comentarios non te trabucaches nas datas, é que un día fixen dous e logo outro día engadín o último :). Xa respondín alí, só me queda unha das dúbidas que tiña, a ver se pode amañarse :). Saúdos,--[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 00:51, 21 de novembro de 2011 (UTC)
:Boas, cando teñas un momento libre, ¿poderías botarlle un ollo ó meu último comentario na conversa?. É que comentaras as miñas dúbidas pero aínda me queda unha pendente... :). Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 12:56, 14 de decembro de 2011 (UTC)

== Pedriño e Rañolas ==

Graciñas, Pedro; aínda teño que rematar o artigo e hei revisar todo, pero esa foi unha observación moi importante, abofé. Saúde e abrigo! --[[User:Estevoaei|Estevo(aei)]][[User_talk:Estevoaei|pa o que queiras...]] 18:12, 1 de decembro de 2011 (UTC)

== [[Saramaganta]] ==
Este é outro artigo que é lelo e pensar o ben que lle viría unha man de pintura da túa brocha. Anímaste? --[[Usuario:Atobar|Atobar]] ([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]]) 10:55, 2 de decembro de 2011 (UTC)

==Pole tricolpado==
Engadín unha nota explicativa breve, que só di que o pole tricolpado é aquel que ten '''tres sucos''' (colpos) sobre a súa superficie. Engadín tamén unha referencia sobre a evolución dos sucos da superficie do gran de pole nas [[Dicotiledónea]]s, xa que non todas elas o teñen tricolpado. Son as referencias 3 e 4. Espero que sirva.--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] 20:56, 7 de decembro de 2011 (UTC)

==RE:Datas do Paz Andrade==
Creo que xa o amañei. O artigo ten o problema de que ten dúas gráficas e hai que poñer as datas na gráfica axeitada, a parte que o segundo timeline ten o formato de data mm/dd/aaaa, un lío... :). Cando teña un momento mirarei se pode facerse só cun timeline e cambiar o formato das datas. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 00:47, 8 de decembro de 2011 (UTC)
:Déixame que lle pegue uns retoques hoxe e cando esté xa che aviso. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 12:23, 11 de decembro de 2011 (UTC)
::Creo que está listo, agora só hai un timeline e o formato de tódalas datas é dd/mm/aaaa. Agora o que hai que facer é revisar tódalas datas nas referencias do artigo, por si metín a zoca nalgo, e ir engadindo máis. As datas revisareinas pola noitiña. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 16:10, 11 de decembro de 2011 (UTC)

==Wikixogo==
...ata do c***** saca [[estrobo]]s. :) :) A ver como sae. Se me aburro borro a páxina e listo. :D --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] [[Conversa Usuario:Xabier Cid| Talk 2 me, please]] 01:09, 8 de decembro de 2011 (UTC)

== [[arteria axilar]] ==

Ola! Pódesme axudar a reducir o tamaño da imaxe neste artigo? [[arteria axilar]]. Moitas grazas!
--[[Usuario:Silverfox|Silverfox]] 18:02, 10 de decembro de 2011 (UTC)
* Pois grazas! Gardo esas instrucións para poder facelo eu nas próximas ocasións!

==Re:Prensa e dereitos de autor==
Uf! Imos logo ó, sempre delicado, tema dos dereitos de autor.

Tes razón, a miña actuación foi incorrecta. O correcto sería borrar o ficheiro enteiro. Igual que habería que borrar algunhas imaxes máis que hai na Galipedia. Lembremos que en España teñen que pasar 80 anos do pasamento do autor para que a obra estea no dominio público.

Non teño escusa. Hai cousas que habería que borrar e non borramos, porque nos doe ter que facelo. Que queres que che diga? Que queres que fagamos? Metémonos a facer limpeza coa lei na man?

Cando dis que non compartes... eu teño clarísimo que tampouco comparto a normativa que me toca aplicar. Calquera con sentido común pode entender que é excesiva. Calquera menos algúns herdeiros que viven de rendas e as editoras multinacionais, como por exemplo [[Disney]], que din que foi a que presionou no seu día para impoñer o dos 70 anos. Pero entón, logo, que facemos? Saltamos a lei por riba?

É moi frustrante.

Por outra banda, falando doutros casos, habería que ver un por un. Que inclúan elementos con copyright non implica que non sexan admisibles. Depende do tamaño/resolución etc. Hai unha boa explicación de como funciona iso en '''''[[Commons:Commons:De minimis|De minimis]]'''''.

Neste concreto ... é que o debuxo de Maside, a unha resolución altísima perfectamente reproducible e sen posibilidade ''de minimis'', clamaba ó ceo!--[[Usuario:HombreDHojalata|. '''''HombreDHojalata'''''.]][[Conversa usuario:HombreDHojalata|conversa]] 21:26, 10 de decembro de 2011 (UTC)

==[[Estorniño]]==
Échame una mano, primo, que viene mi novio a veeermeee...!--[[Usuario:HombreDHojalata|. '''''HombreDHojalata'''''.]][[Conversa usuario:HombreDHojalata|conversa]] 19:24, 11 de decembro de 2011 (UTC)

:Grazas! Aquí tes unha foto exclusiva da Galipedia: [[:Ficheiro:Paxaros no cable da luz.jpg]]. --[[Usuario:HombreDHojalata|. '''''HombreDHojalata'''''.]][[Conversa usuario:HombreDHojalata|conversa]] 20:21, 23 de decembro de 2011 (UTC)

== Axe ==
Vértebras [[axe]] e [[Atlas (vértebra)]]:

Son as dúas vértebras cervicais. O resto das vértebras posúen un corpo cada unha, unidos polas láminas ao resto de apófises. A única expcepción e a primera e a segunda vértebras cervicais. A primeira cervical carece de corpo. O que antropoloxicamente era o seu corpo, no ser humano foi trasladada á segunda. O corpo (apófise odointoide) é un cilindro, e o centro do atlas é aberto para permitir movementos de rotación. Polo tanto sí, dende un punto de vista anatómico o corpo do Atlas áchase no axe (de ahí a denominación). Así o ensinan nas universidades e podes velo así no Gray, Netter ou Sobotta ou calqueira outro libro de anatomía. Non te preocupes, que está ben redactado.

Un saúdo!
--[[Usuario:Silverfox|Silverfox]] 19:32, 17 de decembro de 2011 (UTC)

==Tamaño dos protozoos==
A maioría dos protozoos miden uns poucos centos de microns como moito (hainos menores), polo que hai que velos utilizando o microscopio, pero hai algúns protozoos que son especialmente grandes, como certos ciliados e esporozoos, que poden medir varios '''milímetros''', polo que poden verse a simple vista. Por exemplo, o ciliado ''Spirostomum'' mide uns 3 milímetros. Os máis grandes son os nummulites (foraminíferos fosilizados extinguidos do Terciario), que poden medir varios '''centímetros''' e ter o tamaño dunha moeda pequena. Estes protozoos grandes poden denominarse macroscópicos, pero non sei en que contexto os atopaches mencionados así. De todos modos, os protozoos considéranse hoxe un grupo polifilético e cada grupo clasifícase no seu propio filo.

Na natureza hai exemplos para todo, e mesmo existe unha bacteria chamada ''Thiomargarita namibiensis'', que é grande dabondo como para verse a simple vista.--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] 18:11, 18 de decembro de 2011 (UTC)

== Nome dos ósos ==

Paréceme ben a túa idea, ao longo duns días ireino corrixindo. Un saúdo!
--[[Usuario:Silverfox|Silverfox]] 19:41, 19 de decembro de 2011 (UTC)

==RE:Ramon Conde==
Moitas grazas!, é que estou a facer unha colección ;). Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 23:08, 19 de decembro de 2011 (UTC)
:Pouco a pouco. Xusto a un par de rúas da miña casa hai unha máis, fai ben anos que me fixei nela e nunca se me ocorrera que podía chegar a saber nada dela e mira ti, agora sei o nome (''El columpio''), o escultor e o ano en que a fixeron... :). Despois das vacacións teño que facerlle unha foto cando vaia de paseo por alí. Cando teña a lista coas coordenadas despois vótalle un vistazo ó mapa do Google, na ligazón da parte de enriba, e verás que cousa máis chula :). Cando teñamos iso feito cos artigos das [[Castros da provincia da Coruña|listas de castros]] será impresionante. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 01:36, 20 de decembro de 2011 (UTC)
::Moitas grazas pola cabeza :). E podes dicirme a rúa onde está?. É para poñerlle as coordenadas. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 23:56, 21 de decembro de 2011 (UTC)

== Bo Nadal !! ==

Espero que disfrutes destas fermosas e entrañables festas, e deséxoche o mellor para o ano entrante. Unha forte aperta e... Bo Nadal!! [[Usuario:Furado|Furado]] 14:04, 20 de decembro de 2011 (UTC)

==Eleccións==
Eu entendo que si. Se non, en realidade é máis complexo, porque IU tamén foi con ChA, noutros sitios con ICV, etc. Outra cousa son os escanos, porque nese caso si que eu incluiría unha nota que dixese que PAR ten 1, que UPN ten 1, etc. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] [[Conversa Usuario:Xabier Cid| Talk 2 me, please]] 23:44, 21 de decembro de 2011 (UTC)

== casco celta de Tui ==

Si,a foto é das miñas.

== Pía megalítica ==

Graciñas, Pedro; precipiteime ao categorizar fiándome da descrición. Andarei con máis ollo, e lerei o artigo con profundidade, que só lle botín un ollo por riba. Feliz día de Noiteboa! --[[User:Estevoaei|Estevo(aei)]][[User_talk:Estevoaei|pa o que queiras...]] 01:33, 24 de decembro de 2011 (UTC)

== Re: Poboación dos concellos ==
Grazas por avisarme, porque non me dera conta. Feliz Ano! (a anterior edición foi cousa do usuario Andrespe, o 26 de decembro de 2011‎ ás 22:31, pero esqueceu asinar).

==Endócrino==
Pois o certo é que non ando traballando en fibrose quística. O único que fixen nesa páxina é poñer entre corchetes "illote de Langerhans" para que fixese ligazón coa páxina do mesmo nome que xusto agora acabo de facer. En canto a endócrino xa sei que se acentúa así e en todas as páxinas miñas está ben escrito (agás erro inadvertido). E tamén escribo autócrino, exócrino, parácrino, etc. Saúdos.--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] 22:34, 27 de decembro de 2011 (UTC)
Volver á páxina do usuario "Lameiro/arquivo 5".