Diferenzas entre revisións de «Castromao, A Veiga»

m
 
[[Ficheiro:Igrexia Asunción de María.jpg|thumb|200px|Igrexa da Virxe da Asunción.]]
A Igrexa de Castromao é unha fermosa mostra da arquitectura popular da zona. O seu [[retablo]] é de finais do [[século XVI]] (renacentista), con grandes [[Columna (arquitectura)|columna]]s e un enorme frontón triangular. Destacan nesta igrexa o artesonado, o chan de madeira orixinal e os catro [[Evanxeo|Evanxelista]]s, representados cos catro símbolos:
 
* [[Mateo o Evanxelista|San Mateo]]: Simbolízase cun [[Anxo (cristianismo)|anxo]] (ou home con ás), porque o seu evanxeo comeza coa lista dos antepasados de [[Xesús]].
* [[Marcos o Evanxelista|San Marcos]]: Simbolízase cun [[león]], porque o seu evanxeo comeza coa predicación de Bautista no deserto onde había animais salvaxes.
* [[Lucas o Evanxelista|San Lucas]]: Simbolízase cun [[Vaca|boi]] ou touro porque o seu evanxeo comeza coa visión de [[Zacarías]] no templo, onde se sacrificaban animais coma bois ou ovellas.
* [[Xoán o Evanxelista|San Xoán]]: Simbolízase cunha [[aguia]] e a mirada dirixida ao [[sol]] porque o seu evanxeo comeza coa contemplación de Xesús-Deus.
 
Estas esculturas son obra de [[Gregorio Español]], escultor dos séculos [[XVI]] e [[XVII]], autor de obras como o oro da [[Catedral de Santiago de Compostela]] e introdutor do [[manierismo]] en Galicia.
19.713

edicións