Diferenzas entre revisións de «Flaxelados»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Chlamydomonas (10000x).jpg|thumb|250px|''[[Chlamydomonas]]'', un fitoflaxelado.]]
[[Ficheiro:Flagellata 1.png|thumb|right|Flaxelados.]]
Os '''flaxelados''', '''Flagellata''', '''''mastigóforos''''' ou '''Mastigophora''' (do grego ''mastix'', látego, e ''phorein'', levar) son un grupo heteroxéneo de [[protozoo]]s considerado en antigas clasificacións caracterizados pola presenza dun ou máis [[flaxelo]]s longos nalgunha ou en todas as fases do seu ciclo de vida. Non é un grupo [[monofilético]], polo que non é un grupo natural (de parentesco) e non ten xa presenza nas clasificacións modernas, pero aparece nos tratados de hai algúns anos e aínda se segue mencionando nos textos elementais na clasificación dos protozoos. Os flaxelos sérvenlles para a locomoción e para a captura do alimento e poden ser receptores sensoriais.
 
Moitos flaxelados levan vida libre e solitaria, algúns son sedentarios e outros forman colonias que comprenden desde poucos ata miles de individuos. Son abondosos nas augas doces e salgadas, onde, xunto coas [[diatomea]]s, constitúen gran parte do alimento dalgúns pequenos animais acuáticos. Certo número de especies habitan no solo. Moitas [[especies]] conteñen [[plasto]]s con pigmentos de cor; os que posúen [[clorofila]] poden [[fotosíntese|fotosintetizar]] e, por pareceren afíns ás algas, clasificábanse a miúdo entre elas. Os flaxelados de vida libre poden moitas veces enquistarse para evitar as condicións desfavorables.
191.799

edicións