Sandžak: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Historia: Imperio Austrohúngaro
m →‎Historia: Reino de Montenegro (1941-1944)
Liña 47:
Durante a [[Primeira Guerra Mundial]] o Sandžak foi ocupado polo [[Imperio Austrohúngaro|Imperio austro-húngaro]] desde [[1914]] a [[1918]]. En [[1918]], os reinos de [[reino de Serbia|Serbia]] e de [[Reino de Montenegro|Montenegro]] uníronse creando o [[Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos]], que máis tarde ([[1929]]) se denominaría [[Reino de Iugoslavia]]. Entre [[1929]] e [[1941]], o Sandžak formou parte dunha nova provincia ou ''banovina'', a [[Banovina de Zeta]], con capital en [[Cetinje]].
 
A maior parte do Sandžak foi ocupada polos italianos durante a [[Segunda Guerra Mundial]], e posta baixo o goberno de [[Reino de Montenegro (1941-1944)|Montenegro]] (a cidade de Novi Pazar foi incluída na [[Serbia de Nedić]], mentres que Plav e Rožaje foron incluídas en Albania, que estaba baixo administración italiana), quedando baixo ocupación alemá desde [[1943]]. Ao acabar a guerra, o Sandžak foi dividido de novo entre [[Serbia]] e [[Montenegro]], segundo o acordo de división inicial entre os dous estados de [[1913]] (véxase mapa do cabezallo).
 
As [[Guerras de Iugoslavia]] da década de [[1990]] deixaron o Sandžak fortemente danado, xa que as [[guerra de Bosnia|guerras de Bosania]] e de [[Guerra de Kosovo|Kosovo]] comportaron tensións étnicas e (no último caso) bombardeos das forzas da [[OTAN]]. Segundo os partidos polítics bosnios do Sandžak, uns 60.000-80.000 [[Bosnia e Hercegovina - Босна и Херцеговина|bosnios]] emigraron da rexión nese período, como resultado da opresión e dos ataques policiis no Sandžak.