Sandžak: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Reino de Montenegro
→‎Historia: Imperio Austrohúngaro
Liña 39:
Durante os séculos de dominio otomán, o '''[[Sandjak de Novi Pazar]]''' foi parte da [[Provincia de Bosnia, Imperio Otomán|Provincia de Bosnia]] antes de formar parte da [[Provincia de Kosovo Impero Otomán|provincia de Kosovo]], en [[1878]].
 
O [[Congreso de Berlín de 1878]] permitiu o establecemento de gornicións militares [[Imperio austrohúngaroAustrohúngaro|austro-húgaras]] no Sandžak, que se manrtiveron alí até finais de [[1909]].
 
En outubro de [[1912]], o Sandžak foi ocupado por tropas serbias e montenegrinas na [[Primeira guerra balcánica]], e o seu territorio foi dividido entre os reinos de [[Serbia]] e [[Reino de Montenegro|Montenegro]]. Moitos dos seus habitantes bosníacos e albaneses emigraron cara a [[Turquía]] como consecuencia da opresión das novas autoridades serbias e montenegrinas.
Liña 45:
A vagada migratoria continuou desde [[1912]] a [[1970]]. Ao redor de un millón de turcos teñen asúa orixe ancestral no Sandžak. Hai nomerosas colonias de bosníacos do Sandžak en Turquía, nas zonas de [[Edirne]], [[Istanbul]], [[Adapazarı]], [[Bursa (cidade)|Bursa]] e [[Samsun]], entre outras.
 
Durante a [[Primeira Guerra Mundial]] o Sandžak foi ocupado polo [[Imperio Austrohúngaro|Imperio austro-húngaro]] desde [[1914]] a [[1918]]. En [[1918]], os reinos de [[reino de Serbia|Serbia]] e de [[Reino de Montenegro|Montenegro]] uníronse creando o [[Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos]], que máis tarde ([[1929]]) se denominaría [[Reino de Iugoslavia]]. Entre [[1929]] e [[1941]], o Sandžak formou parte dunha nova provincia ou ''banovina'', a [[Banovina de Zeta]], con capital en [[Cetinje]].
 
A maior parte do Sandžak foi ocupada polos italianos durante a [[Segunda Guerra Mundial]], e posta baixo o goberno de [[Montenegro]] (a cidade de Novi Pazar foi incluída na [[Serbia de Nedić]], mentres que Plav e Rožaje foron incluídas en Albania, que estaba baixo administración italiana), quedando baixo ocupación alemá desde [[1943]]. Ao acabar a guerra, o Sandžak foi dividido de novo entre [[Serbia]] e [[Montenegro]], segundo o acordo de división inicial entre os dous estados de [[1913]] (véxase mapa do cabezallo).