Théophile Gautier: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JYBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: mzn:تئوفیل گوتیه
Nicole (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Théophile Gautier naceu o 30 de agosto de [[1811]] en Tarbes, capital do departamento de [[Altos Pireneos|Hautes-Pyrénées]], no suroeste de [[Francia]]. O pai, Pierre Gautier, era un pequeno funcionario bastante culto. A mai foi Antoinette-Adelaïde Concarde. A familia trasladouse a París en [[1814]], onde residiron no distrito de Marais.
 
Gautier comezou a súa educación como interno no prestixioso ''Collège Louis-le-Grand'' en París (entre os seus alumnos estiveran [[Charles Baudelaire]] e [[Voltaire]]). A estancia durou tres meses e tivo que ser levado á casa a causa dunha doenza e da súa falta de adaptación. Acabou a instrución no ''Collège Charlemagne'', pero o seu principal educador foi seu pai que o empurrou cara o estudo do [[latín]]. Na escola coñeceu a [[Gérard de Nerval]] que se converteu nun amigo para toda a vida e que lle presentou a [[Victor Hugo]], xa establecido como poeta e dramaturgo e que tería unha importancia definitiva en apartar a Gautier da carreira de pintor coa que daquela soñaba e inclina-lo cara á literatura. Gautier estivo presente na tumultuosa estrea da obra de Hugo "''Hernani''", onde se fixo notar polo seu chaleco vermello.
Liña 17:
Na década de [[1860]] aínda que viu a súa candidatura á Academia francesa rexeitada tres veces, asentouse literariamente. [[Charles-Augustin Sainte-Beuve]], o crítico literario de máis sona da época dedicou tres artigos a examinar eloxiosamente toda a obra de Gauitier publicada ata [[1863]]. En [[1865]] Gautier foi admitido no salón literario da princesa Mathilde Bonaparte, curmá de [[Napoleon II]] e sobriña de [[Napoleón Bonaparte]]. A princesa ofreceulle a Gautier a sinecura de ser o seu bibliotecario en [[1868]], posto que lle deu acceso á corte de [[Napoleon III]].
 
Durante a [[guerra franco-prusiana]] Gautier volveu a París o saber que os prusianos avanzaban cara á capital francesa. Ficou coa familia durante a invasión e o tempo da [[Comuna de París|Comuna]]. Morreu o 23 de outubro de [[1872]] dunha enfermidade cardíaca crónica. Foi enterrado no cemiterio de [[Montmartre]] en París.
 
== A obra ==