Requinta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
retiro ligazón interlingüística que nada ten que ver
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
A '''requinta''' é un tipo de [[frauta traveseira]] típica de [[Galicia]], máis especificamente das [[Terras do Ulla]]. Naceu como instrumento de acompañamento de formacións típicas de música tradicional con [[gaita]], [[bombo]] e [[tamboril]]. A súa construción é artesanal, e a madeira empregada adoita se-lo [[buxo]], aínda que non é infrecuente atopar requintas doutras madeiras nobres, como o [[granadillo]], ou doutras moito máis cativas como a [[hedra]]. Está composta de cinco pezas aneladas en alpaca, latón, ou ás veces en prata. A primeira peza leva a embocadura e a rosca de afinación, e a derradeira adoita levar unha chave que aumenta o cromatismo do instrumento, e resulta fundamental para afina-las [[Nota musical|nota]]s na terceira [[oitava]].
 
A principal afinación das requintas é o fa#, para poder servir de acompañamento ás gaitas afinadas en si natural, aínda que tamén se poden atopar requintas afinadas en sol, para acompañar gaitas afinadas en do natural. O xeito máis común de tocar é unha [[oitava]] por riba da [[gaita]], e cando coinciden dúas requintas, facendo unha mesma melodía en terceiras paralelas. A súa dixitación ven condicionada polo feito de que hai que tocar nunha escala de Si natural nun instrumento orixinariamente afinado en Fa e retocado para levalo ao Fa#. Así, a dixitación está pragada de '''tranquillas''', posturas entrecruzadas dos dedos que se empregan para obter as notas desexadas.