Anil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Rosa (cor)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
'''Anil''' ou '''Índigo''' é a cor da [[luz]] entre 440 e 420 [[nanómetro]]s de [[lonxitude de onda]], localizada entre o [[azul]] e o [[violeta]]. Así como moitas outras cores (como [[Laranxa (cor)|laranxa]], [[Rosa (cor)|rosa]] e [[violeta]]), a orixe do nome provén dun obxecto natural - a planta [[Índigo]]. Pola etimoloxía, do [[Lingua árabe|árabe]] ''annir'' e do [[Lingua persa|persa]] ''nil'' (Índigo).
 
O anil non é unha [[cor primaria]], nin aditiva, nin substractiva. Foi batizada e definida por [[Isaac Newton]] cando o físico inglés dividiu o [[espectro óptico]] (que é, como se sabe, un continuo de frecuencias). El distinguiu [[sete]] cores para asocialas aos [[planeta]]s entón coñecidos, [[día]]s da [[semana]], [[Nota musical|nota]]s na [[oitava]] e outras listas con sete elementos.
 
O [[ollo]] humano é relativamente insensíbel á frecuencia do anil, tanto que moitos non conseguen distinguilo do azul ou do violeta. Por esa e outras razóns, moitos (entre eles, [[Isaac Asimov]]) defenden que o anil non se debe considerar unha cor propiamente dita senón unha variación do azul ou do violeta.