Semitón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
Na [[música occidental]], o '''semitón''' é a distancia máis pequena entre dúas [[Nota musical|nota]]s. Un semitón pode ser [[diatónica|diatónico]], se se produce entre dúas notas da [[escala diatónica]] (si-do), ou [[cromático]], se corresponde a unha nota intermedia entre dúas da [[escala diatónica]] (re-re [[sostido]]).
 
O semitón na música [[temperamento (música)|temperada]] corresponde á metade dun [[ton (música)|ton]]. Noutros sistemas de [[afinación]] varía, sendo nalgúns o semitón diatónico menor que no cromático e noutros maior. Aínda que a maioría da música interpretada utiliza a escala temperada, algúns instrumentos (como o [[violín]] e o [[clarinete]]) utilizan outros sistemas.