Gaita galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xián (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 15:
O roncón componse de tres pezas: a [[tercia]], ou parte final, por onde sae o son que remata na [[copa]], a [[segunda]] e a [[prima]]. O ronquete está composto de dúas pezas respectivamente, copa e prima. O ronquillo é de unha soa peza.
 
O roncón, o ronquete e o ronquillo sintonízanse á nota do punteiro mediante o deslizamento telescópico das súas partes compoñentes, de tal maneira que o tubo resultante é máis longo ou máis curto, adecuándose así á lonxitude da onda da [[Nota musical|nota]] emitida. Á hora de realizar esta sintonización, percíbese que esta está realizada para percibir auditivamente a posta en fase de dous sons comparados.
 
As gaitas adórnanse con gravuras sobre a madeira, deseños sobre o fol, [[farrapo de gaita|farrapos]] e [[borla]]s. As cores máis empregadas son o negro con verde e vermello. A gaita galega adoita ser construída como madeira de [[buxo]], [[pau santo]] e [[granadillo]]. As [[buxa]]s (os tubos que conectan as pezas) fixéronse tradicionalmente de [[corno]] ou madeira de [[buxo]], mais os modelos en metal ou [[marfil]] (ou de imitación) son cada vez máis frecuentes. Na actualidade utilízanse foles de [[gore-tex]], [[pallón]]s sintéticos, válvulas máis incrementadas, estabilizadores de bordóns e controladores de humidade interna da bolsa.