Diferenzas entre revisións de «Orquídea»

m (left -> esquerda)
Debido á gran distribución xeográfica, é natural que un grupo tan diverso tamén presente adaptacións das máis diversas aos seus ambientes.
 
Nas rexións tropicais húmidas, onde a luz e a humidade son abundantes, porén a competición con especies arbóreas é moi forte, as orquídeas asumen un hábito predominantemente epifítico. En busca de luz baixo a sombra de árbores de máis de 40 metros de altura, estas herbas crecen sobre os gallos e troncos, a alturas variadas de acordo coas necesidades de cada especie. As súas raíces, expostas ao ar, obteñen a maior parte dos nutrientes do material en decomposición ao seu redor, da auga da chuvia que lava as follas das árbores no alto, ou da poeira existente no ar. Mesturado co [[velame]], existe un [[Fungo (bioloxía)|fungo]] chamado [[micorriza]], que auxilia na descomposición de materia orgánica e transformación desta en sales minerais, para facilitar a súa absorción. En casos extremos de humidade, as orquídeas poden absorber toda auga e os nutrientes polos poros nas súas follas, relegando as raíces apenas a función de sustentar a planta sobre o substrato. Ningunha orquídea asume a función de [[parasito|parasita]], ou sexa, a súa presenza non prexudica os seus hospedeiros (aínda que haxa casos excepcionais en que o gallo dunha árbore non soporte o peso dunha gran colonia de orquídeas e veña a quebrar).
 
[[Ficheiro:Spathoglotis_plicata.jpg|thumb|''Spathoglottis plicata'', especie asiática de hábito terrestre.]]En rexións de clima temperado, onde o panasco é predominante, así como nas áreas de [[sabana]] e [[campo rupestre|campos rupestres]], as orquídeas son basicamente plantas terrestres, con raíces subterráneas ben desenvolvidas, ás veces coa formación de [[tubérculo]]s. Nestas áreas de clima sasonal, as plantas normalmente pasan por un estadio de dormencia, en que, moitas veces, a súa parte aérea seca para evitar danos á súa [[fisioloxía]] debido á seca, ou ao frío extremo.
190.957

edicións