Kizzuwatna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Kizzuwatna''' ou '''Kizzuwadna''' foi un estado de [[Anatolia]] do sueste ([[Cilicia]]) probabelmente de orixe [[hurritas|hurrita]].
 
Xurdiu na rexión chamada [[Adaniya]], que se fixo independente dos hititas sobre a metade do [[século -XVI]]. Probabelmente fíxose independente baixo o rei '''Ammunas''', ou un pouco antes con '''Pilliya''', ao que sucedeu '''Pariyawatri''', considerado o primeiro rei independente de Kizzuwatna, pai de '''Isputahsu''' ('''Ishputakhshu'''), quen o sucedeu. Sábese que xa existía como reino independente na segunda metade do século -XVI, e aparece xa nun tratado co imperio [[Hitita]] baixo o rei [[TelipinusTelibinus]], no cal o rei '''Isputuhsu''' ou '''Ešputahš''' de Kizzuwatna utiliza un selo co nome probabelmente de "Sarri-Tesub" e reclamou o título de gran rei, tratado que se conservou parcialmente en versións acadia e hitita e que foi o primeiro tratado hitita cun poder estranxeiro igualitario (non se conserva sen embargo a introdución histórica que foi típica nos documentos hititas). [[Hantilis II]], fillo e sucesor de [[Alluwamnas]], fixo outro tratado co rei '''Paddatisu''' ('''Paddatishshu''') onde os dous soberanos se prometían mutua amizade en termos recíprocos e iguais (sobre [[-1480]]), tratado que moi poucos anos despois foi renovado en termos similares polo rei '''Eheya''' de Kizzuwatna e o rei [[Tahurwailis]].
 
As boas relacións cos hititas empeoraron canto ambos reinos ocuparon territorios que antes pertencían ao outro, pero despois asinouse un tratado paritario que puxo fin aos litixios, cando reinaba en Kizzuwatna '''Pilliya''' II e en Hattusa o rei [[Zidantas II]] (sobre [[-1470]] ou [[-1460]]). Foi o último tratado paritario que un rei hitita fixo con Kizzuwatna e tamén o último tratado paritario deste reino con calquera outro, xa que pouco despois o país foi dominado por [[Mitanni]] e '''Pilliya''' II tivo que aceptar ser vasalo do rei hurrita, e foino o resto do século. Os litixios tal vez derivaron dun tratado firmado por [[Idrimi]] de [[Alalakh]] e Pilliya II de Kazziwatna, polo cal Idrimi puido pasar polo país e entrar a territorio hitita, onde saqueou moitos lugares e destruíu sete fortalezas volvendo despois en triunfo a Alalakh.