Marcelino Pardal Pouso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Eliseo Fernández Fernández
m →‎Traxectoria: Liña Maginot
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Segundo o historiador [[Eliseo Fernández Fernández|Eliseo Fernández]], pertencía ás [[Juventudes Libertarias]]. Frecuentaba o [[Centro Obreiro de Cultura]] do barrio de [[Ferrol Vello]], que funcionaba como escola e como centro cultural. Foi futbolista do [[Racing de Ferrol]] até o estoupido da [[guerra civil española]], e trala toma da súa cidade polo [[bando nacional]] foi mobilizado polas tropas [[franquismo|franquistas]]. Mais tralo [[asasinato]] do seu irmán Paco, mariñeiro [[II República Española|republicano]] no [[acoirazado España]], decidiu mudar de bando. Pasou ao exército republicano, co que loitou na [[batalla do Ebro]]. Posteriormente cruzou os [[Pireneos]], e en Francia foi internado no [[campo de concentración de Agde]] para posteriormente ser incluído nas brigadas de traballo que construían a [[Liña Maginot|liña férrea a [[Maginot]].
 
Coa toma de Francia por parte das tropas de [[Adolf Hitler]] e a captura de máis de 800 españois, foi trasladado a Mauthausen, tras negar [[Francisco Franco]] que tivesen a nacionalidade española. Considerados apátridas, máis da metade deles faleceron debido ao esgotamento ou aos asasinatos dos carcereiros.