Wikipedia:Conflito de intereses: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Edicións aceptadas: amaño, a edición non está permitida fóra dos termos citados enriba
Liña 79:
 
;Fotografías e outros ficheiros multimedia
Así como a adición de contidos nosfóra dos termos expresados anteriormente non está permitida, agradecemos a carga de todo tipo de ficheiros multimedia, xa sexan fotografías, ilustracións, sons ou vídeos. A Galipedia ten un [[Especial:Cargar|sistema de cargas local]], pero tamén está dispoñible a [[commons:Portada galega|Wikimedia Commons]], o repositorio global e común a todos os proxectos. A vantaxe deste último reside en que é posible empregar o ficheiro cargado en calquera dos proxectos da Fundación Wikimedia, mentres que o sistema local unicamente permite utilizar o recurso neste proxecto.
 
Unha vez cargado o ficheiro, pódese incorporar aos artigos da Wikipedia onde cumpra. Non obstante, non se poden substituír sen motivo as imaxes que ilustran un artigo polas propias se as primeiras son dunha calidade e idoneidade similar. A mellor opción é informar na conversa sobre a dispoñibilidade dos ficheiros para consensuar o seu cambio, se así se decidise.