Isaak Babel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Isaac Babel
m →‎Traxectoria: Revolución Rusa de 1917
Liña 7:
Debido á influencia dos seus profesores de francés, Babel descubriu a [[Flaubert]] e [[Guy de Maupassant]] e mesmo escribiu os seus primeiros relatos en francés. En [[1915]] trasladouse a [[San Petersburgo]] onde coñece a [[Gorky]], quen lle publica algúns dos seus relatos na revista literaria ''Летопись'' (Letopis'), os censores consideraron pornográfica unha das súas historias, polo que o acusaron de violar o artigo 1001 do código penal.
 
En [[1920]] durante a [[guerra civil rusa]] foi asignado como xornalista ao exército de [[Semyon Budyonny]], e foi testemuña da fracasada campaña por levar o comunismo fóra de Rusia, o [[exército vermello]] chegou ata [[Varsovia]], pero axiña tivo que se retirar. Esta experiencia está na base de ''Cabalería vermella'' (1924), a descrición das brutalidades da guerra, lonxe do romanticismo revolucionario, levouno a enfrontarse con sectores do [[PCUS|Partido Comunista]]. De volta a Odessa escribe historias onde describe a vida do gueto xudeu da cidade, antes e despois da [[Revolución rusaRusa de 1917|revolución]]. En [[1930]] Babel percorre [[Ucraína]], onde queda impresionado pola brutalidade da [[colectivización]]. En [[1939]] as autoridades soviéticas detéñeno acusado de espionaxe, e o 27 de xaneiro de [[1940]] foi axusticiado na prisión de Butyrka.
 
Logo da morte de [[Stalin]], Babel foi exonerado de todos os cargos contra el.