Diferenzas entre revisións de «Wassily Kandinsky»

m
→‎Traxectoria: Revolución Rusa de 1917
m (→‎Arte abstracta: Revolución Rusa de 1917)
m (→‎Traxectoria: Revolución Rusa de 1917)
En [[1896]] estableceuse en [[Múnic]] e estudou na súa Academia de Belas Artes. Promoveu numerosas actividades artísticas e organizou diversos grupos nos que xuntou a importantes artistas da vangarda europea, destacando en [[1911]] a fundación de '''[[Der Blaue Reiter]]''', aberto a diferentes tendencias pero no que os integrantes defendían unha linguaxe non convencional con preocupacións teóricas pola cor. Nas súas primeiras pinturas hai influencias de [[Claude Monet]], dos [[Fauvismo|fauvistas]] e dos expresionistas de '''[[Die Brücke]]''', pero a partir de [[1908]] a cor esténdese en superficies amplas e os elementos naturalistas tenden a desaparecer. As obras posteriores a [[1910]] (ano no que fixo a súa primeira acuarela abstracta) pódense calificar en xeral de abstractas, son expresións espóntaneas de carácter interior e substancia espiritual. A linguaxe baséase en exclusiva en formas e cores que traducen simbolicamente as emocións anímicas de Kandinsky.
 
VoltouVolveu a Moscova en [[1918]] despois da [[Revolución Rusa de 1917|Revolución]] e adicouse a tarefas de organización cultural e artística, pero recibiu inspiracións dos vangardistas rusos. Por cousa dos seus conflitos cos teóricos da arte oficiais voltou a [[Alemaña]] en [[1921]], foi profesor na [[Bauhaus]] desde [[1922]] ata que foi pechada polos nazis en [[1933]]. Durante a súa etapa da Bauhaus racionaliza a súa linguaxe empregando elementos máis xeométricos sen perder cromatismo, tratando de establecer unha mellor comunicación co espectador facéndoo partícipe da súa emoción e pensamento mediante ordenacións expresivas e determinantes. Os últimos anos pasounos en [[Francia]] e fíxose cidadán francés en [[1939]].
 
=== Primeiros anos ===
103.704

edicións