Cilióforos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
O grupo '''Ciliophora''' ('''cilióforos''') ou '''Ciliata''' ('''ciliados''') é un grupo de [[protozoo]]s caracterizados pola presenza duns [[orgánulo]]s con forma de pelo na súa superficie celular chamados [[cilio]]s. Estes cilios aparecen en todos os membros do grupo (aínda que o grupo dos [[Suctoria]] só os presentan en parte do seu ciclo de vida), e utilízanos para diversas funcións, como nadar, arrastrarse, adherirse, alimentarse e percibir sensacións.
 
Especificando máis, o termo "'''Ciliophora'''" utilízase nas clasificacións como un [[filo]]. <ref name="urlCiliophora - Definition from Merriam-Websters Medical Dictionary">{{cite web |url=http://medical.merriam-webster.com/medical/Ciliophora |title=Ciliophora - Definition from Merriam-Webster's Medical Dictionary |format= |work= |accessdate=2009-01-16}}</ref> Os Ciliophora poden clasificarse dentro de ''[[Protista]]'' <ref name="pmid19121402">{{cite journal |author=Yi Z, Song W, Clamp JC, Chen Z, Gao S, Zhang Q |title=Reconsideration of systematic relationships within the order Euplotida (Protista, Ciliophora) using new sequences of the gene coding for small-subunit rRNA and testing the use of combined data sets to construct phylogenies of the Diophrys-complex |journal=Mol. Phylogenet. Evol. |volume= 50|issue= 3|pages= 599–607|year=2008 |month=December |pmid=19121402 |doi=10.1016/j.ympev.2008.12.006 |url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S1055-7903(08)00581-2}}</ref> ou ''[[protozoo|Protozoa]]''.<ref name="pmid17669163">{{cite journal |author=Miao M, Song W, Chen Z, ''et al.'' |title=A unique euplotid ciliate, Gastrocirrhus (Protozoa, Ciliophora): assessment of its phylogenetic position inferred from the small subunit rRNA gene sequence |journal=J. Eukaryot. Microbiol. |volume=54 |issue=4 |pages=371–8 |year=2007 |pmid=17669163 |doi=10.1111/j.1550-7408.2007.00271.x}}</ref> O termo "'''Ciliata'''" tamén se usa nas clasificacións <ref name="urlIntroduction to the Ciliata">{{cite web |url=http://www.ucmp.berkeley.edu/protista/ciliata.html |title=Introduction to the Ciliata |work= |accessdate=2009-01-16}}</ref> como unha clase taxonómica. <ref name="urlCiliajcta - Definition from Merriam-Websters Medical Dictionary">{{cite web |url=http://medical.merriam-webster.com/medical/ciliata |title=Ciliata - Definition from Merriam-Webster's Medical Dictionary |format= |work= |accessdate=2009-01-16}}</ref> (pero este último termo pode tamén referirse a un tipo de peixe). A clasificación dos protistas está en rápida evolución e non é raro atopar estes termos utilizados para describir outros niveis xerárquicos.
 
Os ciliados son un dos grupos de [[protista]]s máis importantes, e son comúns case en todas partes onde haxa auga (lagos, estanques, océanos, ríos, e solos húmidos). Moitos ciliados son [[ectosimbiose|ectosimbióticos]] ou [[endosimbiose|endosimbióticos]], e algúns son [[parasito]]s obrigados ou oportunistas. Os ciliados son unicelulares, con células de gran tamaño, que atinguen 2&nbsp;mm de lonxitude, e están entre os protozoos con estrutura máis complexa.