Tréveris: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 35:
 
=== Dom St. Peter ===
A actual [[catedral]] incorpora os restos dunha antiga igrexa do [[século IV]]. Trátase da máis antiga igrexa da [[Alemaña]], erguida en diferentes etapas -no comezo do [[século XI]], final do [[século XII]], mediados do [[século XIII]] e [[século XIV]]. Ten a forma de [[basílica]] con [[Nave (arquitectura)|nave]] tripla, dous coros, [[transepto]] e seis torres. Na parte interna hai pezas magníficas, como o túmulo do enviado papal [[Ivo]] ([[1144]]) e o altar da sepultura do [[arcebispo]] [[Richard von Greifenclau]] ([[1531]])
 
=== Liebfraukirche ===
Contigua á catedral fica a Liebfraukirche (Igrexa da Nosa Señora), construída entre [[1235]] e [[1260]]. Ao lado da [[Catedral]] de [[Magdeburg]] é un dos primeiros exemplos da arquitectura gótica [[Alemaña|alemá]]. A súa planta foi baseada na [[cruz]] [[Grecia|grega]], e a torre enriba da [[cúpula]] acentúa a intersección das [[Nave (arquitectura)|nave]]s. O portal oeste é ricamente decorado con ornamentos entallados e símbolos [[Iconografía|iconográficos]]. Na parte interna obsérvanse reliquias como os frescos do [[século XV]] pintados en doce columnas, que simbolizan os [[apóstolos]]. O local tamén abriga algúns túmulos importantes, como o dun nobre local [[Karl von Metternich]] (1636), que se encontra na parte nordeste da capela.
 
=== Aula Palatina ===