Diferenzas entre revisións de «Sahagún, León»

m
sen resumo de edición
m (r2.7.2) (Bot: Engado: io:Sahagún, León)
m
O século XII foi sen dúbida a época dourada da vila e o mosteiro. Un documento excepcional que certifica algúns dos máis importantes feitos son as chamadas '''Crónicas Anónimas'''. Constatouse a existencia de dous períodos: o primeiro comprende desde a fundación do mosteiro ata o ano 1117; a segunda crónica relata as ''rebelións burguesas'' sucedidas entre 1237 e 1255.
 
Así, a Abadía converteuse na máis importante do [[Camiño de Santiago]], chegando a estender o seu poder con xurisdición sobre case un centenar de mosteiros, conventos e igrexas, desde o Cantábrico ata a provincia de [[provincia de Segovia|Segovia]]. A importancia da Abadía no contexto hispano foi tal que chegou a posuír a súa propia Universidade, privilexio concedido por [[Clemente VI]] en 1347; con [[Bieito XIII, antipapa|Bieito XIII]], en 1403 podíanse cursar xa os estudos de [[Teoloxía]], Dereito Canónico e Artes Liberais. A institución alcanzou tal apoxeo que chegou a intercambiar honras coa [[Universidade de Salamanca]] e proveu de catedráticos á de [[Universidade de Alcalá de Henares|Alcalá de Henares]], sendo matriz da [[orde de San Bieito]] en España ata o século XVI.
 
O número inicial dos seus habitantes non baixou de 8.000. Díxose vila e non cidade por ser señorío non episcopal, aínda que soamente a 50 anos da súa carta poboacional tiña xa 12.000 habitantes.
19.713

edicións