Polisoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m célula eucariótica
Liña 1:
Un '''polisoma''' ou '''polirribosoma''' é un conxunto de [[ribosoma]]s que están unidos a un mesmo [[ARNm]], e o están [[tradución (proteínas)|traducindo]] simultaneamente todos eles.
 
Existen tanto en [[célula eucariótica|eucariota]]s coma en [[procariota]]s. Poden aparecer libres no [[citosol]], unidos ao [[citoesqueleto]] ou unidos a membranas (os ribosomas do [[retículo endoplasmático]] rugoso tamén poden formar polisomas). En micorscopía poden aparecer como agrupacións, ter forma liñal ou forma de rosetas circulares ou espiraladas.<ref name=Lodish>{{cita libro |autor=Harvey Lodish |título=Molecular cell biology |editor=Scientific American Books |location=New York |ano=1999 |isbn=0-7167-3136-3 |capítulo=4.5. Stepwise Formation of Proteins on Ribosomes |chapterurl=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=mcb.section.901#914 |author-separator=, |display-authors=1}}ISBN 0-7167-3136-3. [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=mcb.section.901#914]</ref>
 
Os ARN mensaxeiros de células procariotas e eucariotas poden ser traducidos simultaneamente por moitos ribosomas, orixinando rapidamente moitas copias dunha mesma proteína. Unha vez que un primeiro ribosoma se afasta do sitio de iniciación da tradución ([[codón de iniciación]]), outro pode unirse ao ARNm e iniciar a síntese dunha nova copia desa cadea polipeptídica. A separación entre os ribosomas dun polisoma é de aproximadamente 100-200 [[nucleótido]]s