Diferenzas entre revisións de «NF-κB»

m
→‎Importancia clínica: célula eucariótica
m (cancro)
m (→‎Importancia clínica: célula eucariótica)
== Importancia clínica ==
[[Ficheiro:Signal transduction v1.png|thumb|right|Descrición xeral das vías de transdución de sinais implicadas na [[apoptose]].]]
O NF-κB é moi utilizado polas células [[célula eucariótica|eucariota]]s como regulador dos xenes que controlan a proliferación celular e a supervivencia celular. Debido a isto, moitos tipos diferentes de tumores humanos teñen mal regulado o NF-κB (é dicir, activado constitutivamente). Cando o NF-κB está activado, induce a expresión dos xenes que promoven a proliferación celular e protexen á célula, que noutras condicións, debería morrer por apoptose.
 
Os defectos no NF-κB producen unha maior susceptibilidade á [[apoptose]] que leva a que haxa un aumento na morte celular. Isto débese a que o NF-κB regula xenes anti-apoptóticos (sobre todo o [[TRAF1]] [[TRAF2]]) e, por tanto, controla a actividade encimática das [[caspase]]s, que son fundamentais para a maioría dos procesos apoptóticos.<ref name="pmid14504472">{{cita publicación | autor = Sheikh MS, Huang Y | título = Death receptor activation complexes: it takes two to activate TNF receptor 1 | revista = Cell Cycle | volume = 2 | número = 6 | páxinas = 550–2 | ano = 2003 | pmid = 14504472 | doi = | url = http://www.landesbioscience.com/journals/cc/article/566/ }}</ref>
102.336

edicións