Codón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎O codón de inicio: célula eucariótica
Liña 125:
==O codón de inicio==
[[Ficheiro:DNA ORF.gif|thumb|Esquema dun [[marco aberto de lectura]], que inclúe o codón de inicio (ou ''start'') e o de parada (ou ''stop'').]]
Este codón é a secuencia que indica á maquinaria celular o lugar no que comeza a tradución do [[ARN mensaxeiro]]. No ARNm o codón de inicio é o '''AUG'''.<ref name="griffiths">{{cita libro| autor = Griffiths, J .F. A. ''et al.'' | título = Genética | año = 2002 | editorial = McGraw-Hill Interamericana | id = ISBN 84-486-0368-0}}</ref> O codón de inicio non só é un sinal de inicio da tradución, senón que tamén se traduce, polo que, todas as proteínas [[célula eucariótica|eucariota]]s teñen no seu extremo N-terminal unha [[metionina]], que é o [[aminoácido]] correspondente a ese codón, aínda que despois poida eliminarse durante o procesamento proteolítico posterior da proteína. En [[procariota]]s, dita metionina está modificada como [[N-formilmetionina]].<ref name="lodish">{{cita libro| autor = Lodish ''et al.''| título = Biología celular y molecular| año = 2005| editorial = Buenos Aires: Médica Panamericana| id = ISBN 950-06-1974-3}}</ref>
 
Aínda que o AUG é o codón de inicio máis empregado en eucariotas, existen excepcións. Ditas excepcións son bastante máis comúns en procariotas, onde, como codóns alternativos de inicio da tradución, poden empregarse GUG e UUG. Por exemplo, a bacteria ''[[Escherichia coli]]'' usa nun 83% dos casos AUG, GUG nun 14% e UUG no 3% e aínda algún outro.<ref>The Complete Genome Sequence of Escherichia coli K-12. Frederick R. Blattner, Guy Plunkett III, Craig A. Bloch, Nicole T. Perna, Valerie Burland, Monica Riley, Julio Collado-Vides, Jeremy D. Glasner, Christopher K. Rode, George F. Mayhew, Jason Gregor, Nelson Wayne Davis, Heather A. Kirkpatrick, Michael A. Goeden, Debra J. Rose,Bob Mau, Ying Shao. Science 277, 1453-1474 (1997)</ref>