Alcano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Engado: zh-classical:烷烴
m →‎Abundancia biolóxica: célula eucariótica
Liña 120:
;Fungos e plantas
[[Ficheiro:Fuji apple.jpg|thumb|A auga forma pingas sobre a película delgada de cera de alcanos na casca da mazá.]]
Os alcanos tamén xogan un rol, aínda que é certo menor, na bioloxía do tres grupos de organismos [[célula eucariótica|eucariota]]s: [[fungi|fungos]], plantas e animais. Algúns fermentos especializados, como ''Candida tropicale'', ''[[Pichia]]'' sp., ''[[Rhodotorula]]'' sp., poden usar alcanos como unha fonte de carbono ou enerxía. O fungo ''[[Amorphotheca resinae]]'' prefire os alcanos de cadea longa nas [[gasolina de aviación|gasolinas de aviación]], e pode causar serios problemas para os avións nas rexións tropicais.
Nas plantas, atópanse alcanos sólidos de cadea longa; forman unha capa firme de cera, a [[cutícula de planta|cutícula]], sobre as áreas das plantas expostas ao aire. Esta protexe á planta da perda de auga, á vez que evita o [[leaching]] de minerais importantes pola choiva. Tamén é unha protección contra as bacterias, fungos, e insectos daniños estes últimos afúndense coas súas patas na sustancia cerosa suave, e teñen mobilidade dificultada. A capa brillante sobre as froitas, tales como as mazás, consiste de alcanos de cadea longa. As cadeas de carbono teñen xeralmente entre vinte e trinta átomos de carbono de lonxitude, e as plantas prepáranas a partir dos [[ácido graxo|ácidos graxos]]. A composición exacta da película de cera non só depende da especie, senón que cambia coa estación e factores ambientais como as condicións de iluminación, temperatura ou humidade.