Xasón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 7:
== Os Argonautas ==
 
Xasón, acompañado dun grupo duns cincuenta heroes gregos ([[Orfeo]], [[Cástor (mitoloxía)|Cástor]], [[Pólux (mitoloxía)|Pólux]], [[Pelexo]], [[Hércules (mitoloxía)|Hércules]], [[Teseo]], [[Laertes]], [[Atalanta]] -única muller da expedición, famosa corredora e porteira—, [[Meleagro (mitoloxía)|Meleagro]]...) organizou a expedición. Encargoulle a [[Argos (mitoloxía)|Argos]], a construción do navío que recibiu o nome de Argo en homenaxe ao seu construtor. E do nome da nave tomaron á súa vez o de [[Argonautas]] (mariñeiros de Argo) os heroes que nela embarcaron. Reunidos pois os Argonautas, fixéronse á mar en dirección á Cólquida.
 
Non moito despois chegaron á illa de [[Lemnos]], onde só habitaban mulleres. A raíña, [[Hipsípila]], que se namorou de Xasón, contoulle que as mulleres da illa foran castigadas pola deusa [[Afrodita]], ao non renderlle culto, impregnándoas dun cheiro tan desagradable que os homes rexeitáronas, uníndose con mulleres das illas veciñas. En vinganza, as lemnias mataron aos homes da illa. Os Argonautas permaneceron con elas un tempo e logo marcharon.