Illas Gilbert: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 10:
Os nativos das Illas Gilbert son micronesios, similares en varios aspectos cos nativos das [[Illas Marshall]], as [[Illas Carolinas]] e as [[Illas Marianas]]. Na época da invasión xaponesa en [[1942]], eran pobos que se gobernaban a si mesmos, coas súas tradicións tribais non modificadas polo sistema británico de administración e goberno das colonias. Leais aos británicos, os gilbertenses non viron con bos ollos as probabilidades de ser invadidos polos xaponeses. Durante a súa estadía nas Illas Gilbert, os xaponeses non fixeron nada para cambiar a opinión dos gilbertenses sobre este punto de vista.
 
A principal industria nas illas era a produción de [[fosfato]] dos depósitos das illas [[Banaba]] e [[Tabuaeran|Fanning]]. Ademais, cultivábanse [[Palmeira (botánica)|palmeira]]s de [[coco]] nalgunhas das illas. Todo o traballo era supervisado polos británicos e todos os esforzos que se realizaron foron para que os salarios e as condicións de vida fosen xustas e adecuadas. As inspeccións sanitarias dos británicos melloraron moito as condicións de vida en moitas das illas.
 
A dieta dos nativos antes da [[Segunda Guerra Mundial]] consistía principalmente en peixe, coco, froita do [[pandanus]], polo [[babai]] e un pouco de porco. A instalación de vivendas para os europeos empregados na illa foi moi simple. As súas casas estaban construídas por materiais europeos e nativos, e eran xeralmente tipo bungalow. Non había ningunha clase de turismo.