Diferenzas entre revisións de «Calendario hebreo»

m
sen resumo de edición
m (homónimos)
m
=== Período bíblico ===
[[Ficheiro:Beit_Alpha.jpg|250px|thumb|right|Mosaico dun zodíaco na sinagoga de Beit Alpha, Israel, do século VI.]]
[[Ficheiro:DetailOfMedievalHebrewCalendar.jpg|thumb|Detalle dun calendario hebraico medieval, que lles lembraba aos xudeus que a [[palmeiraPalmeira (botánica)|rama de palmeira]] ([[Lulav]]), a ramiña de mirto, as pólas do salgueiro e o [[limón]] ([[etrog]]) tiñan que ser levados á sinagoga durante a festa do [[Sucot]], preto das vacacións de outono.]]
Os xudeus levan usando un calendario lunisolar dende tempos bíblicos. O primeiro mandamento do pobo xudeu como nación foi o de determinar a Nova Lúa. O principio do capítulo 12 do Éxodo di "Este mes (Nisán) é o primeiro dos meses.". É máis frecuente na Biblia que os nomes dos meses aparezan en número máis que en nome e só catro nomes de meses de antes do éxodo aparecen na [[Tanagh]] (a Biblia hebrea): ''Aviv'' (o primeiro; literalmente "primavera", pero orixinalmente puido significar a madurez da cebada), ''Dsiv'' (o segundo; literalmente "luz"), ''Etanim'' (o sétimo; literalmente "forte" en plural, quizais referido ás fortes choivas), e ''Bul'' (o oitavo), todos son nomes [[Canaán|cananeos]], polo menos dous son [[Fenicia|fenicios]] (Canaán do norte). É posible que nun principio todos fosen identificables por números xudaicos ou por nomes estranxeiros cananeos ou fenicios, pero non aparecen outros nomes na Biblia.
 
19.710

edicións