Escorpións: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 54:
Os escorpións son animais [[terrestre]]s que prefiren lugares secos ou húmidos e poden ser atopados en [[deserto]]s, [[sabana]]s, [[cerrado]]s, [[floresta]]s temperadas e tropicais, en hábitats que poden ser debaixo de follas, [[pedra]]s, madeiras, fendas de [[rocha]], debaixo ou dentro de tixolos, baixo entullos de calquera natureza ou mesmo baixo cascas soltas de [[árbore]]s, no baixo ou en grandes alturas destas. Algunhas especies poden ser atopadas en covas humanas, dormentes de [[ferrocarril|ferrocarrís]], ao longo das [[praia]]s, na zona entre mareas ou en [[caverna]]s.
 
Existen escorpións en todos os [[continente]]s, excepto na [[Antártida]]. Atopamos especies nos [[Alpes]] suízos e [[Europa]] en xeral, no [[México]], [[Estados Unidos da América|Estados Unidos]] e [[Canadá]], na [[América do Sur]] en xeral, entre lixo e entullos das pequenas e grandes cidades, no [[Amazonia|Amazonas]], na [[Oceanía]], no norte do [[Mediterráneo]], no [[Oriente Medio]], na [[India]], no norte e sur da [[África]] e [[Asia]].
 
Son animais [[carnívoro]]s e teñen xeralmente hábitos nocturnos e crepusculares, cando cazan e se reproducen. A súa alimentación está baseada en [[insecto]]s tales como como [[grilo]]s, cascudas, [[moscas]] e tabáns, e tamén doutro aracnídeo, a [[araña]]. Unha curiosidade é o feito de que, en tempos de escaseza completa de alimento, practican o canibalismo para sobreviviren, ou sexa, devoran os seus semellantes. Os escorpións conseguen comer cantidades inmensas de alimento, mais só precisan inxerir un 10% da comida que necesitan, podendo pasar ata un ano sen comer e consumindo pouquísima auga, case nada durante a súa vida enteira.