Diferenzas entre revisións de «Conversa:Forquita de replicación»

garfo vs forquita
(garfo vs forquita)
Un comentario sobre o nome da páxina. Para empezar non digo que garfo sexa unha escolla mala, só que non é a máis utilizada entre nós. En todos os libros de bioloxía de Secundaria e Bacharelato en galego que teño consultado usan forquita ou forcada (non digo que consultara absolutamente todos). Os ingleses din ''replication fork'', pero ''fork'' en inglés significa tanto garfo para comer coma ferramenta agrícola do tipo da forquita ou forquito. En francés din ''fourche de réplication'' (forquita, forquito) pero tamén ''fourchette de réplication'' (garfo de comer). Os garfos para comer empezaron sendo históricamente de só dous dentes (como certas ferramentas agrícolas e como o ADN que se bifurca), pero despois fixéronse sempre de máis de dous, e hoxe ninguén imaxina ese instrumento con só dous dentes. Garfo ten ao seu favor que a usan os portugueses, onde é un dos ''talheres'' para comer, mais tamén é a ferramenta agrícola e a forca para aforcar a alguén polo pescozo (ten garfo en galego eses segundos significados? No dicionario de Xerais gordo que estou consultando non veñen.). En castelán adoitan usar ''horquilla''. En italiano din ''forcella di replicazione'' que significa garfo para comer pero tamén forquita para o cabelo. En resume, todo isto é só para propoñer se non se pode tamén mencionar, aínda que sexa unha soa vez, que tamén se di forquita en moitos textos galegos para referirse a iso. Por exemplo pódese empezar dicindo "O garfo de replicación ou forquita de replicación é unha estrutura que...". Tamén se podería facer unha redirección para forquita, sempre deixando o nome da páxina como está (garfo), porque estas escollas son sempre discutibles e moitas veces non se ve que unha das posibilidades sexa claramente mellor. --[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 18:17, 24 de maio de 2012 (UTC)
:Eu penso que si sería convinte facer o que dis, se ''forquita de replicación'' está sendo usada en varios textos deberíamos incluir esa escolla no artigo comezando como comentas ti, e para facilitar as buscas dese termo facer tamén a redireción [[Forquita de replicación]]. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 11:07, 4 de xuño de 2012 (UTC)
::Iría eu máis lonxe. Se este garfo de replicación alude a algo que se bifurca en dous, a opción máis acaída sería forquita de replicación, como título. O feito de que as outras linguas, excepto o portugués, optaran por esa acepción, apoia que no galego tamén o fagamos. E garfo de replicación redirixiría a forquita de replicación. No texto, obviamente, habería que dicir que se usan as dúas formas. Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] <sup>([[User Talk:Lameiro|conversa]])</sup> 20:34, 12 de xuño de 2012 (UTC)
58.193

edicións