Zoran Marić: Diferenzas entre revisións

futbolista e adestrador serbio
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Zoran Maric''', nado en Boka (Serbia) o 21 de febreiro de 1960 foi un futbolista que xogaba na demarcación de dianteiro. ==Traxectoria== ===Como adestrador=== Com..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 12 de xuño de 2012 ás 18:42

Zoran Maric, nado en Boka (Serbia) o 21 de febreiro de 1960 foi un futbolista que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria

Como adestrador

Comezou a xogar no Novi Sad, segundo club da cidade co mesmo nome, a onde chega con 17 anos e permanece dúas tempadas, na Segunda División do fútbol iugoslavo.

Dende ahí da o salto ao Vojvodina, onde militará oito tempadas, ata o decembro de 1987. Durante esa etapa foi internacional ca selección iugoslava de fútbol en tres ocasións, ainda que non disputou ningún encontro oficial.

No inverno de 1988 chega ao Celta de Vigo en calidade de cedido para cubrir a baixa do goleador Baltazar, catro meses parado a causa dunha operación. Neste primeiro ano disputa un total de trece encontros de Liga, marcando catro goles.

A tempada seguinte pode permanecer en Vigo ao autorizarse por primeira vez tres extranxeiros por equipo. Nesta segunda tempada diputa 32 encontros pese a que o dianteiro centro era o brasileiro Amarildo.

No curso 1989-90 comezaron os seus problemas cas lesións, tendo que pasar polo quirófano, e vendose obrigado a unha segunda operación ao comezo da seguinte tempada.

Posteriormente volvería a recaer e deixou a práctica profesional do fútbol para pasar a oxeador técnico do Celta.

Porén Maric faría tería unha segunda aventura no fúbtol, esta vez nas filas do SD Compostela, onde xogaría dúas boas tempadas sen conseguir o ascenso. No ano 1993, e aos 33 anos, retírase definitivamente dos terreos de xogo.

Como adestrador

Sete anos despois o propio SD Compostela daríalle a oportunidade de debutar como adestrador, ainda que so foi durante a segunda parte do campionato para tentar salvala categoría, obxetivo que non conseguiu.

Tras estar como director das categorías inferiores da Vojvodina, no ano 2005 dirixe ao primeiro equipo, co cal remata a tempada na sexta posición. Tres anos despois voltaria a adestralo, levandoos ao subcampionato e clasificando ao equipo para a Copa da UEFA.

Zoran Maric, ten un fillo, Goran, que tamén vestiu a camiseta do primeiro equipo do Celta de Vigo, tras formarse nas súas categorías inferiores.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha do xogador en Bdfútbol

Categoria:Dianteiros de fútbol