Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎As coleccións: corrixo lig. int.
Chum (conversa | contribucións)
Liña 5:
== Historia ==
O actual museo ten a súa orixe no ano [[1845]] cando a Comisión Provincial de Monumentos creou o '''Museo de Pinturas de Ourense''', que abriu as súas portas o [[1 de novembro]] de [[1846]]. En maio de [[1895]] a propia Comisión decidiu a creación dun Museo arqueolóxico provincial que recollería os fondos do anterior museo así como as pezas arqueolóxicas que se foran atopando na provincia. Foi creado un ano despois, en [[1896]].
 
A comezos do ano [[2002]], o museo pechou ao público para acometer obras de remodelación en profundidade. Os servizos do museo trasládanse ao edificio Santa María de Europa, na Carballeira, no que se almacenan a maioría das coleccións, agás unha selección da escultura máis representativa, que se mostra permanentemente dende maio de [[2006]], baixo o titulo ''Escolma de Escultura'' na sala de exposicións San Francisco, que serve tamén de base para outras actividades puntuais.
 
== O edificio: O Pazo Episcopal ==