Os antecedentes do réxime señorial encóntrase na economiaeconomía rural do [[Imperio romano|Baixo imperio romano]]. Cunha poboación e unha taxa de natalidade declinantes, a man de obra n a agricultura era o factor clave para a produción econômica. Ao longo do tempo, o goberno romano tratou de estabilizar a economiaeconomía imperial por medio do conxelamento da estrutura social: os fillos estaban obrigados a suceder aos pais no seu ofício, e os ''coloni'', a man de obra agrícola, tiñan prohibido deixar as terras ás cales estaba ligados, o que foi o primeiro paso para transformarse no que no feudalismo se denomnarían ''servos''.
Contra o ano [[325]], varias leis de [[Constantino I o Grande|Constantino]] reforzaron o estatus semiservil dos colonos e limitaron o seu acceso aos tribunais. Nass potrimerías do Imperio, o seu número aumentou cos ''foederati'' bárbaros que recibiran autorización para instalarse dentro das fronteiras imperiais.