Wikipedia:Verificabilidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
máis de en.wp
Toliño (conversa | contribucións)
unha sección máis adaptada de en.wp
Liña 44:
===A Wikipedia e as fontes que a empregan como referencia===
Non se poden usar como fontes os demais artigos da Wikipedia ou de sitios web que teñan a Wikipedia como referencia, porque isto equivalería á autoreferencia. De xeito similar, non se poden utilizar fontes que presentan materiais orixinais ''da'' Wikipedia para apoiar o mesmo materiail ''na'' Wikipedia, xa que isto crearía unha referencia circular. Porén, citar a Wikipedia para apoiar unha declaración ''descritiva'' sobre a propia Wikipedia non é unha forma de referencia circular. No canto diso, é o uso da Wikipedia como [[fonte primaria]] e debe seguir a [[Wikipedia:A Wikipedia non é unha fonte primaria#Fontes primarias, secundarias e terciarias|política relevante para o uso de fontes primarias]].
 
==Accesibilidade==
===Acceso ás fontes===
A verificabilidade neste contexto significa que os demais deberían ser capaces de comprobar que unha fonte acreditada publicou o material presente nun artigo da Wikipedia. Non obstante, o principio de verificabilidade non implica a fácil acceso á fonte: algunhas fontes en liña poden ser de pagamento, mentres que outras fontes impresas poden estar dispoñibles unicamente nalgunha biblioteca universitaria.
 
=== Fontes non galegas ===
Dado que esta é a Wikipedia en galego, prefírense as fontes escritas en galego fronte as que non o están, asumindo que existan fontes en galego de igual calidade e relevancia.
*'''Ao citar unha fonte noutra lingua''', sería bo achegar o texto orixinal e unha tradución ao galego, xa sexa no corpo do artigo ou mediante unha nota ao pé.
*'''Ao citar unha fonte non galega de información''' non sempre é necesaria a tradución. Con todo, se existise unha dúbida sobre a pertinencia do texto orixinal como fonte da información, deberían sinalarse as partes relevantes do orixinal e proporcionar unha tradución nunha nota, como cortesía.
 
As traducións publicadas por fontes acreditadas prefírense sobre as feitas por wikipedistas; mais as traducións feitas por wikipedistas prefírense sobre as feitas por tradutores automáticos. Ao facer uso dun tradutor automático, os editores deben estar certos de que a tradución é exacta e a fonte axeitada.
 
[[Categoría:Wikipedia:Políticas e normas|Verificabilidade]]