Coníferas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 41:
==Reprodución==
[[Ficheiro:Thuja-orientalis2.jpg|thumb|esquerda|200px|Conos femininos de tuia (''Platycladus orientalis'').]]
A maior parte das coníferas son [[monoico|monoicas]], mais algunhas son subdioicas ou mesmo [[dioico|dioicas]]. Porén, en xeral os [[órgano (anatomía)|órganos]] [[masculino]]s e [[feminino]]s encóntranse en estruturas separadas, chamadas [[estróbilo]]s (tamén chamados conos ou [[Piña (coníferas)|piña]]s, no caso dos [[piñeiro (árbore)|piñeiros]]).
 
Nas ''[[Pinaceae]]'', ''[[Araucariaceae]]'', ''[[Sciadopityaceae]]'' e na maioría das ''[[Cupresaceae]]'', os conos son leñosos e, cando [[maduración|madurecen]], as [[escama (botánica)|escama]]s xeralmente abren para liberar as [[semente]]s, que poden dispersarse polo [[vento]] ou por [[animal|animais]]. Noutras [[especie]]s, como os [[abeto]]s, os conos poden desintegrarse e, aínda noutras, os conos son [[carnudo]]s e comidos polos animais, que liberan as sementes coas súas [[feces]]. Os conos maduros poden permanecer na planta durante longos períodos como, por exemplo, en certas especies de piñeiros que están adaptados a fogos regulares. Nestas árbores as sementes poden ficar dentro dos conos fechados até 60-80 anos, sendo liberadas apenas cando un fogo mata a árbore.
Liña 49:
Os conos [[masculino]]s teñen estruturas chamadas [[esporanxio|microsporanxios]] que producen un [[pole]] amarelado, que é xeralmente levado polo vento até os conos femininos. Os grans de pole das coníferas actuais producen [[tubo polínico|tubos polínicos]] como a maioría das [[anxiosperma]]s, onde se dá a [[meiose]] para a [[fertilización]] do [[gametofito]] feminino. O [[cigoto]] desenvólvese nun [[embrión]] que, en conxunto co seu [[tegumento]], transfórmase nunha [[semente]].
 
Os esporanxios femininos localízanse en órganos de forma cónica, chamados [[Piña (coníferas)|piña]]s, frecuentemente cubertos por escamas endurecidas (carpelos). As escamas encaixan perfectamente unhas nas outras e só se abren despois da fecundación, para liberar a semente. As piñas son as flores femininas e por veces pode haber outras estruturas, diferentes de piñas, como gálbulas, entre outras menos comúns.
 
==Clasificación e filoxenía das ximnospermas==