Sector agroalimentario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
O subsector lácteo ten un gran superávit e unha boa parte da produción destínase ó exterior. O seu subsector con máis expectativas é o das queixerías, agás polo incremento descontrolado sen capacidade comercializadora e baixa rendibilidade e creación de emprego. Esta falla estratéxica fixo intervir ós poderes públicos. Outros produtos coma [[manteiga]]s e [[iogur]]es son marxinais e a produción fornece só ó mercado galego, no cal as industrias propias non parecen estar en posición favorable.
 
Canto ás conservas enlatadas ou conxeladas, a atomización e individualismo dos produtores están permitindo presións cruzadas de proveedoresprovedores e distribuidores así coma a perda de oportunidades pola falla de colaboración coas empresas estranxeiras, a pesar de ter o sector [[conxelado]] e o seu asociado do [[frío industrial]] teñen dende hai uns anos unha expansión, calidade e recursos humanos sen precedentes na nosa historia.
 
No sector das bebidas atópanse moi diferentes situacións segundo o subsector: mentres o [[viño]] de calidade segundo Denominación de Orixe está medrando cada vez máis en cantidade (Galiza conta con cinco das chamadas [[empresa gacela|empresas gacela]], onde o negocio medra máis do 15% durante catro anos seguidos), calidade e exportación, ou a xestión e embotellado de [[auga]] medra coa demanda, outras bebidas aumentan moito máis a modo ([[cervexa]]) ou mesmo diminúen (gasosa).