Taxon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Nomenclatura de taxons: Fungo (bioloxía)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Liña 1:
[[Ficheiro:Hierarchical_clustering_diagram.png|250px|thumb|right|A clasificación xerárquica pode expresarse con un dendrograma, no que cada nodo representa un posible taxon e os taxons se agrupan nunha xerarquía de inclusión.]]
 
En [[bioloxía]], un '''taxon''' (do [[Lingua grega|grego]] ''ταξιςτάξις'', transliterado como ''taxistáxis'', "ordenamento") é un grupo de [[ser vivo|organismos]] emparentados, que nunha [[taxonomía|clasificación]] dada foron agrupados, asignándolle ao grupo un nome en latín, unha descrición, e un "tipo" que, se o taxon é unha especie, é un espécime ou exemplar concreto. Cada descrición formal dun taxon está asociada ao nome do autor ou autores que a realizan, os cales fanse figurar detrás do nome. En latín o plural de taxon é '''taxa''', sendo así como adoita usarse en inglés, pero en galego o plural adecuado é '''taxons'''. A ciencia que define aos taxons chámase [[taxonomía]] ou taxinomía.
 
A finalidade de clasificar os organismos en '''taxons''' formalmente definidos en lugar de grupos informais, é a de prover grupos cuxa circunscrición sexa estrita ou cunha denominación con valor universal, independentemente da lingua empregada para a comunicación. Os taxons existen dentro dunha clasificación dada, suxeita a cambios onde poden presentarse discrepancias, o que obriga respecto a algunhas denominacións problemáticas a especificar o autor da clasificación en cuestión.