Estación de Barcelona-Sants: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 164:
=== Metro ===
[[Ficheiro:Barcelona Metro - Sants Estacio.jpg|220px|thumb|Acceso á estación de metro desde a estación de [[Adif]]]]
'''Sants Estació''' é unha estación das liñas [[Liña 3 do metro de Barcelona|3]] e [[Liña 5 do metro de Barcelona|5]] do [[Metro de Barcelona]] que se sitúa baixo a estación de ferrocarril. Inaugurouse anos despois de existi-la estación de ferrocarril a medida que creceu o [[metro de Barcelona]]. Concretamente, en [[1969]], inaugurouse a estación da [[Liña 5 do metro de Barcelona|liña 5]], máis próxima á estación de ferrocarril, co nome de ''Roma Estación Renfe''. En [[1975]] inaugurouse a estación da [[Liña 3 do metro de Barcelona|liña 3]] que está algo máis lonxe da estación de ferrocarril. Finalmente, en [[1982]], reordenáronse as denominacións das liñas de [[Metro de Barcelona]] e cambiouse o nome polo actual de ''Sants Estació''.
 
Pódese acceder á estación de metro dende a de ferrocarril ou ben a través do acceso que hai na rúa Numancia.