Tushratta: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: zh:图什拉塔 |
mSen resumo de edición |
||
Liña 7:
En tempo de [[Tudhaliyas II]] os [[hititas]] apoderáronse de [[Alepo]], que os hurritas recuperaron, pero os hititas volveron á zona e apoderáronse entón de Alepo e [[Nuhase]]. Un novo ataque hurrita recuperou Alepo, pero non conseguiron impoñerse en Nuhase ata pasado algún tempo. Os hititas serían rexeitados en [[Isuwa]], pero conquistaron [[Kizzuwatna]] e mesmo a capital Washukanni (incluída en Kizzuwatna) que estaba baixo dominio hitita nos reinados de [[Tudhaliyas II]] e [[Arnuwandas I]].
Cando Tushratta acadou persoalmente o goberno, o primeiro que fixo foi volver ás boas relacións con Exipto, que o rexente ignorara, pero nunca puido solucionar a reclamación do seu sobriño, que conservou a metade do reino. No tratado con [[Exipto]] este país renunciou a calquera dereito sobre [[Alepo]] e [[Karkemish]] e ratificábase a fronteira en [[Qatna]] (no [[Río Orontes|Orontes]]), con [[Ugarit]] dentro da esfera exipcia. Sobre o [[-1360]] Mitanni enviou a Exipto unha estatua da deusa Shaushka ([[Ishtar]]) de [[Nínive]] que supostamente curaba enfermidades.
Sobre o [[-1350]] Tushratta de Mitanni favoreceu unha revolta de príncipes vasalos dos hititas na zona raiana entre ambos estados, cuxa dirección nominal se encargou a [[Isuwa]], vasalo de Mitanni e leal a Tushratta. A revolta afectou a:
|