Diferenzas entre revisións de «Píxel»

m
sen resumo de edición
m (Bot: Engado: te:చిణువు)
m
O '''píxel''' (do inglés ''picture element'', ou sexa, "elemento da imaxe") é a menor unidade na que se descompón unha imaxe dixital, unha fotografía, un fotograma de video ou un gráfico.
 
Ó ampliar fortemente unha imaxe dixital (zoom), por exemplo na pantalla dun ordenador, poden observarse os píxeles que compoñen a imaxe. Os píxeles aparecen como pequenos cadrados en color, en branco ou en negro, ou en matices de gris. As imaxes fórmanse como unha [[Matriz (matemáticas)|matriz]] rectangular de píxeles, onde cada píxel forma un punto diminuto na imaxe total.
 
Nas imaxes de [[mapa de bits]] ou nos dispositivos gráficos cada píxel codifícase mediante un conxunto de bits de lonxitude determinada (a chamada profundidade de color), por exemplo, pode codificarse un pixel cun [[byte]], ou 8 [[bit]]s, de maneira que cada pixel admite 256 variantes (2 díxitos por bit, elevados á oitava potencia, é dicir, 2 x 2 x 2 x 2 x 2 x 2 x 2 x 2). Nas imaxes de color verdadeira, soénse usar tres bytes para definir unha color, é dicir, en total podemos representar un total de 2 elevado a 24 colores diferentes (16777216 de colores).
19.692

edicións