Liñas de Nazca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m left -> esquerda
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 55:
Son numerosas as figuras que se atopan en Nazca, particularmente na [[Pampa de San José]]: figuras xeométricas, meandros, representacións [[animal|animais]], vexetais e humanas, labirintos, e outros debuxos xeométricos.
 
O máis representativo son os debuxos de animais: [[aves]] de entre 259 e 275 metros de longo ([[colibrí]]s xigantes, [[cóndor]]es, garzas, a grúas, pelícanos, gaivotas, [[papagaio]]s entre outras), un [[Mono (animal)|mono]], unha [[araña]], un [[caracol]], unha lagarta pequena, unha ''balea asasina'' de 27 metros, un can con patas e cola longas, dúas llamas, etc. Na categoría de réptiles, un lagarto, que foi curtado ao construírse a estrada Panamericana Sur, unha iguana e unha serpe. Moitos dos debuxos atópanse mesturados con liñas e espirais.
 
Case todos os debuxos foron feitos na superficie chá; só hai uns poucos nas ladeiras dos outeiros. Case todas as figuras que se sitúan nas ladeiras representan homes. Algúns están coroados por tres ou catro liñas verticais que quizais representen as plumas dun tocado cerimonial (algunhas momias peruanas levaban tocados de ouro e plumas).