Quintiliano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m →‎Biografía: Tito Flavio Sabino Vespasiano
Liña 3:
'''Marco Fabio Quintiliano''', en [[lingua latina|latín]] ''Marcus Fabius Quintilianus'' (''Calagurris'', actual [[Calahorra]], ''circa'' [[39]] – [[Roma]], c. [[95]]), foi un [[retórica|retórico]] e [[pedagoxía|pedagogo]] [[hispanorromano]].
 
== BiografíaTraxectoria ==
Naceu en ''Calagurris Nassica'', actual [[Calahorra]], preto de [[Logroño]], na provincia hispanorromana da [[Tarraconense]]. Fixo os seus primeiros estudos en [[Roma]], onde o seu pai exercía a profesión de [[rétor]] ou avogado; alí adquire unha cultura xeral moi completa seguindo as leccións de [[Remio Palemón]] e [[Servilio Nonanio]] en literatura e de [[Domicio Afer]] en [[elocuencia]]. Regresa a Hispania no ano [[61]] cando [[Nerón]] nomea a [[Galba]] gobernador da Tarraconense. Durante sete anos, é profesor de elocuencia e avogado.
 
Volve a Roma no ano [[68]] tras o asasinato de Nerón, cando Galba é proclamado emperador, e desenvolve unha brillante e recoñecida carreira de vinte anos como avogado e profesor de retórica na Roma de [[Vespasiano]], [[Tito Flavio Sabino Vespasiano|Tito]] e [[Domiciano]]. Abriu unha escola pública de retórica que obtivo un gran éxito e que lle fixo gañar arredor de cen mil [[sestercio]]s ao ano. Foille encomendada a educación dos sobriños de [[Domiciano]] e os fillos da emperatriz Domitila.
 
A súa fama provén, porén, de ser o mellor profesor de [[retórica]] do mundo antigo xunto a [[Isócrates]]. Nesta materia acadou un prestixio tal que o nomearon profesor oficial da materia con retribución pública. Era amigo do científico [[Plinio o Vello]], o escritor romano [[Plinio o Mozo]] foi alumno seu e talvez mesmo o historiador [[Tácito]]. Tras consumir eses vinte anos como avogado e profesor, retirouse o ano 89 para dedicarse a escribir rodeado de honores (os ''ornamenta'', os ''consularia'' e a ''[[laticlavia]]'' <ref>[[toga]] cunha banda no seu bordo de cor púrpura que só podían vestir os nobres romanos</ref>). O fin da súa vida está sinalado cunha serie de dramas familiares: o mesmo ano do seu retiro, [[89]], perdeu á súa muller, que tiña 19 anos; no [[90]], ao seu fillo primoxénito, que contaba cinco; en [[95]], ao segundo, con dez.
 
Escribiu primeiro un [[diálogo]] que se perdeu en que expón a súa propia posición sobre a crecente corrupción da arte da elocuencia (''De causis corruptae eloquentiae'') e, pouco antes de falecer, divulgou a súa obra maior: ''De institutione oratoria''. Son espurias dúas coleccións de declamacións que se lle atribúen (''Maiores'' e ''Minores''). Morreu probabelmente pouco antes do asasinato do emperador Domiciano, no ano 95.
 
== Obra ==
A súa fama provén da súa ''Institutio oratoria'' (c. [[95]]), unha obra enciclopédica que recolle todo canto cómpre para formar un orador, en doce volumes. Como modelo supremo propón a [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]]. Nos dous primeiros libros, Quintiliano trata a educación elemental e os métodos para a formación básica no campo da Retórica. Dedica os nove libros seguintes aos fundamentos e técnicas da [[oratoria]]. O Libro X é o máis coñecido; nel aconsella a lectura como elemento fundamental na formación dun orador e contén un famoso estudo sobre as persoas que escribiron en grego e latín. O último libro presenta o conxunto de calidades que debe reunir quen se dedique á Oratoria, tanto no tocante ao carácter como á conduta.