Alan Ladd: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio Categoría:Actores estadounidenses por Categoría:Actores dos Estados Unidos de América
m Western (cinema)
Liña 13:
|imdb = 0000042
}}
'''Alan Walbridge Ladd''', nado o [[3 de setembro]] de [[1913]], finado o [[29 de xaneiro]] de [[1964]], foi un actor estadounidense de [[cine negro]], [[cine bélico]] e [[Western (cinema)|western]]. Fíxose célebre polo seu talante pouco expresivo en escena e por ser máis ben de pouca estatura (arredor de 1,65 m.). Na maioría das películas que protagonizou representou ou ben ao típico heroe americano ou a algún malvado non exento de principios. Ás veces aparecía como "Allan Ladd" nos créditos.
 
== Biografía Traxectoria==
Ladd naceu en Hot Springs, [[Arkansas]], fillo de inmigrantes ingleses. Nos inicios da súa carreira facía pequenos papeis no cine, como o de periodista en ''[[Cidadán Kane]]'', de [[Orson Welles]] (1941). No ano seguinte adquiriu grande notoriedade polo seu personaxe de asasino sensible en ''This gun for hire'', xunto a [[Veronica Lake]]. Ao ser dita actriz tamén miúda, os estudos reuniron á parella noutras producións populares, como ''The Glass Key'', ''The Blue Dahlia'' e ''Saigon''.