Diferenzas entre revisións de «Flaxelados»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Trachelomonas sp.jpg|thumb|250px|''[[Trachelomonas]]'', un flaxelado.]]
[[Ficheiro:Flagellata 1.png|thumb|right|Flaxelados.]]
 
Os '''''Mastigophora''''', '''mastigóforos''' ou '''flaxelados''' (do grego ''mastix'', látego, e ''phorein'', levar) son un grupo heteroxéneo de [[protozoo]]s caracterizados pola presenza dun ou máis [[flaxelo]]s longos nalgunha ou en todas as fases do seu ciclo de vida. Non é un grupo [[monofilético]], polo que non é un grupo natural (de parentesco) e non ten xa presenza nas clasificacións modernas, pero aparece nos tratados de hai algúns anos e aínda se segue mencionando nos textos elementais na clasificación dos protozoos. Os flaxelos sérvenlles para a locomoción e para a captura do alimento e poden ser receptores sensoriais.
 
 
Antigamente os mastigóforos considerábanse unha clase [[taxonómica]] do [[filo]] dos [[protozoo]]s (e noutras clasificacións un filo). Como algúns [[rizópodo]]s (protozoos con [[pseudópodo]]s) tamén posúen flaxelos en certas fases da súa vida, e certos mastigóforos pasan por fases [[ameboide]]s, estas dúas clases considerábanse estreitamente relacionadas, e clasificábanse no filo ''Sarcomastigophora''. A clase dos mastigóforos subdividíase tradicionalmente en dúas subclases: ''Phytomastigophorea'' (ou fitoflaxelados, protozoos cunha forma de vida similar á das plantas ou algas) e ''Zoomastigophorea'' (ou zooflaxelados, parecidos a animais). <ref>''Diccionario Enciclopédico Ilustrado de Medicina Dorland''. 1996. McGraw-Hill - Interamericana de España. Vol. 4. ISBN 84-7615-986-2.</ref> Esta clasificación non ten ningún sentido actualmente. Hoxe os protozoos con flaxelos están clasificados en diversos grupos moi diferentes e non necesariamente relacionados entre si.
 
O termo flaxelado está incluído no nome doutros grupos mellor caracterizados taxonomicamente, como os [[dinoflaxelado]]s <ref>Cavalier-Smith T (1995). "Zooflagellate phylogeny and classification". Tsitologiia 37 (11): 1010–29. PMID 8868448. </ref>.
 
== Véxase tamén ==
191.799

edicións