O Ciprianillo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 1:
{{en uso}}
{{título en cursiva}}
[[Ficheiro:Saluzzo-Castello della Manta-mago.jpg|thumb|300px|Reprodución dun meigo consultando un grimorio.]]
'''''O Ciprianillo''''' é o nome dun [[libro]] máxico, publicado baixo diversos títulos, que describe distintos procedementos (ensalmos e rituais) para atopar os tesouros que os ''[[mouro (mitoloxía)|mouros]]'' agocharon en covas, castelos ou [[castro (poboado)|castros]]. Secundariamente, o libro ensina tamén a exconxurar o [[demo]], combater o [[mal de ollo]], adiviñar o oculto e diversos remedios máxicos de todo tipo, feitizos de amor (e de desamor) e otros.
 
Liña 15 ⟶ 16:
 
==San Cibrán de Antioquía==
[[Ficheiro:Kiprian and justina.JPG|thumb|300px|San Cibrán e santa Xustina.]]
As raíces do ''Ciprianillo'' remóntanse ós primeiros séculos da nosa era, cando entraron en España, e en Galicia, algúns cultos relacionados con Oriente. Cóntase que san [[Cibrán de Antioquía]] <ref>Non confundir con san [[Cibrán de Cartago]], bispo de Cartago, aínda que a biografía de ámbolos dous sexa semellante.</ref> foi consagrado ó demo polos seus pais, nada máis nacer, e creceu practicando a maxia negra. De mozo, namorouse da santa [[Xustina de Nicomedia|Xustina]] e quixo conquistala coa axuda do demo, pero este non foi quen de gañala porque Xustina se defendera facendo o sinal da cruz. Asombrado da forza da cruz, Cibrán rompeu o pauto co demo de fíxose cristianar polo bispo de Antioquía, dedicando o resto da súa vida a predicar a fe cristiá, ata ser martirizado e decapitado xunto con Xustina. Non obstante, a lenda conta que, trala súa conversión, recolleu nun libro todo o que aprendera do demo. Este libro sería a fonte do actual ''Ciprianillo''.
 
==Os ''tesouros dos mouros''==
Liña 28 ⟶ 30:
* No Pico da Portela, nun foxo estreito, 243 maravedís de ouro labrados en Toledo.
E así ata 174 tesouros diferentes esperando ser recuperados.
 
En 2006, Calros Solla publicou unha recompilación das 17 referencias do ''Ciprianillo'' en [[Cerdedo]] (Pontevedra), aumentada con achegas propias recollidas na tradición oral.
 
==Notas==
Liña 39 ⟶ 43:
* [[Antonio Fraguas Fraguas|FRAGUAS FRAGUAS, A.]]: "O Ciprianillo", na ''Gran Enciclopedia Galega'', tomo 10.
* VARIOS: '''Enciclopedia Galega Universal'', s. v. "Ciprianillo, O", tomo 5. Ir Indo, Vigo 1999.
===Ligazóns externas===
* [htto://Galiciaencantada.com] (Galicia encantada.com)
* [http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=826&n=2_(2006).-solla,_calros:_o_pequeno_ciprianillo Calros Solla: "O pequeno Ciprianillo. Relación de tesouros da freguesía de Cerdedo, concello de Cerdedo (Pontevedra)"", na ''Revista de Investigación'' 2, 2006.]
* [http://www.youtube.com/watch?v=cCyKhAAqK_c ''El Libro de San Cipriano - Ciprianillo - Grimorio mágico''] (Vídeo, {{es}})
 
[[Categoría:Crenzas e supersticións]]